
Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, veño de estrear unha nova sección no blogue. En ‘Debullando’ irei publicando notas multimedia, que a xeito de ‘reportaxe’ permitan profundar na análise de temas de relevancia.
Facendo uso da ferramenta Storify, as entradas incorporarán ademais de texto contidos de diversa natureza (ligazóns externas, arquivos, cita de chíos, vídeos…) relacionados co tema abordado co obxecto de enriquecer o tratamento deste. O propósito non é outro que o de compartir contidos que axuden precisamente a debullarmos a realidade desde unha ollada crítica.