A crise como oportunidade revolucionaria.

outubro 3rd, 2008 outubro 3rd, 2008
Posted in Copiado e pegado, análise, economía, nacionalismo
1 Comment »

Manuel Mera publicou en GZ Nación recentemente un artigo moi recomendábel no que aborda o escenario político que a actual crise económica abre, como fenda do sistema hexemónico.

Concordo coa análise que fai nese texto. A actual crise, ten provocado que as forzas sistémicas incorran en tal grao de contradición que fai que sexa facilmente recoñecíbel a súa verdadeira faciana por parte das clases populares.

O oportunismo do grande capital que agora implora pola intervención pública, é dicir, pola inxección dos cartos públicos para compensar as súas malas contas de resultados produto da súa especulación voraz. A obscenidade da patronal pedindo sen complexos o abaratamento do despido e a relaxación, inda en maior grao, na garantía dos dereitos sociais das/os traballadoras/es. Ou as cortinas de fume dun goberno central que quere aproveitar a actual conxuntura para pechar a billa do financiamento autonómico e así reforzar o seu afán re-centralizador.

Son estes, apenas uns exemplos evidentes desas contradicións que representan en si mesmas unha grande oportunidade para avanzar posicións e gañarmos a batalla das ideas.

Xa tiñamos a razón aquelas/es que sostemos que o actual sistema socio-político-económico mundial, alicerzado no imperialismo capitalista, era inhumano, antisocial e está condenado por xustiza a esmorecer. Porén, hoxe se cadra temos pola conxuntura argumentos máis sólidos, pola proximidade, para defender as nosas posicións.

Non podemos desaproveitar esa oportunidade, e como ben di Mera:

Compre acumular alí onde haxa máis construído a prol da nación e das clases populares, aínda que non nos convenza todo o que se fai, nen como, cando e quen o fai. Por responsabilidade histórica?... tamén, porén esencialmente por efectividade, pra garantir a masa social necesaria pra avanzar nas conquistas democráticas, e non ficar só como reductos ideolóxicos. A teoría política revolucionaria ten sobre todo valor se está presente dalgún xeito na conciencia e na práctica cotiá da xente. Tampouco podemos esquecer que en momentos duros haberá quen se pregue aos obxectivos insolidarios e colonizadores das clases dominantes, por distintos motivos, desde os ideolóxicos ao medo ao enfrontamento, daquela que sexa importante reducir a incidencia destas actitudes, combaténdoas e illándoas con argumentos e intelixencia. Trátase máis unha vez de saber que é o principal e que o secundario, e como tratar as contradicións no seo do povo... encol disto hai abondo escrito, e o nacionalismo galego ten unha longa experiencia.

En resumo, podemos gañar esta batalla, mais nunca, desde a barreira, sen organización, con forzas sectorializadas, ou ollándonos arreo ao embigo.

Chuzame! chúzame -

Comprender a crise con retranca.

outubro 2nd, 2008 outubro 2nd, 2008
Posted in Copiado e pegado, humor
1 Comment »

The Last Laugh - George Parr - Subprime - subtitulos

(Vía: Cousas de Imeneo)

Chuzame! chúzame -

“Xa basta de tanta merda de vostedes, ianquis de merda”

setembro 12th, 2008 setembro 12th, 2008
Posted in EUA, Venezuela, internacional
2 Comments »

Esa é unha das citas máis contundentes do que foi a noticia do día.

Quen a pronunciou non podía ser outro que o Presidente da Republica Bolivariana de Venezuela e lider do incipiente PSUV, Hugo Chávez Frías, nunha intervención na que anunciaba que lle daba 72h ao embaixador dos EUA en Venezuela, Patrick Duddy, para abandoar o país.

A acción diplomática foi a resposta solidaria de Venezuela perante a expulsión do embaixador de Bolivia nos EUA, despois de que o Presidente de Bolivia, Evo Morales, declarase persona non grata ao embaixador dos EUA no seu país por ficar implicado en incidentes que buscaban debilitar o seu governo.

A resposta do imperialismo norteamericano, empregando os seus satélites europeos, non se fixo agardar, e dende ese momento iniciou unha importante escalada diplomática para tentar minimizar o impacto deste xesto de independecia por parte de Chávez.

Casualmente hoxe mesmo sabíase que se efectuaron varias detencións en Venezuela, a persoas implicadas nunha presunta conspiración para tentar derrocar o governo democrático e lexítimo que lidera Hugo Chávez.

En fin, ás veces agradecese que as cousas se digan con tanta claridade e contundencia: Yankees GO HOME!

Chuzame! chúzame -