Blog Day 2008

agosto 31st, 2008 agosto 31st, 2008
Posted in Caixón de Sastre
4 Comments »

Blog Day 2008

Hoxe é o Blog Day. Lemborumo Alema en Lareta. Se non me falla a memoria, coido que esta é a primeira vez que este blogue se vai sumar a esta celebración internacional.

Estos son os cinco blogues que recomendo que visitedes, e que coñecín hoxe ou hai pouco, todos galegos:

  1. Ouriceira. Interesante blogue dun galego, estudante de xeoloxía en Barcelona.
  2. As aventuras de Anouk. Ben sendo algo así como unha novela de ficción en liña. Paga a pena.
  3. A torre da derrota. Defínese a sí mesma co seu lema: "As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."
  4. O Porto dos Escravos. A lista de temas desta bitácora é un dos seus maiores atractivos, pola súa variedade.
  5. Lareta. A rede galega de microbloguexo, que fai pouco que ben de lanzarse en Beta, inda que non é in strictu sensu un blogue, paga a pena non só ler, senón participar. A chea de cousas que se poden compartir en 140 carácteres.

E se estás a matinar na posibilidade de unirte ao blogomillo e crear o teu próprio blogue, aloxao en Blogaliza.

Chuzame! chúzame -