O avanzo do 29M

O éxito da folga xeral do pasado 29 de marzo é indiscutíbel. O paro laboral e produtivo rexistrado durante a xornada na meirande parte dos sectores -e nomeadamente no ámbito industrial- foi masivo, como masivas foron as mobilizacións convocadas polo sindicalismo nacionalista e de clase.

Máis de 200.000 traballadoras e traballadores manifestáronse ese día coa CIG. Este dato encerra unha especial relevancia, non só por demostrar a capacidade mobilizadora do movemento nacionalista galego, senón sobre todo polo valor cualitativo. Mentres UGT e CCOO convocaron a folga xeral co obxectivo de sentar a negociar ao goberno Rajoy, a CIG fíxoo para esixir a retirada completa da última contrarreforma laboral. Esa diferenza e o nulo compromiso das centrais españolas por manter a loita no tempo, motivaron que o sindicalismo nacionalista convocase mobilizacións propias. Foi, máis unha vez, o entreguismo sindical de CCOO e UGT o que impediu a unidade de acción, non ningún afán isolacionista da CIG como inxustamente acusaron os media.

Seguir lendo

Chuzame! A Facebook A Twitter

Anticapitalismo vs social-liberalismo: Miren Etxezarreta vs Marc Vidal

Comparto aquí un vídeo do programa Ágora de TV3, no que se inclúe un interesantísimo diálogo-debate entre Miren Etxezarreta e Marc Vidal.  Miren é catedrática emérita de Economía Aplicada da Universidade de Barcelona, doutora pola London School of Economics e activista do Seminari Taifa d’ecomia crítica. Marc, pola súa banda, é un analista económico dedicado profesionalmente ás star-ups empresariais.

O diálogo, malia centrarse en temas de actualidade (reforma laboral, folga xeral, orzamentos xerais do estado, recortes, austeridade…), ofrece un ameno percorrido sobre aspectos esenciais na definición da vixente crise sistémica do capitalismo. Esboza tamén a grandes trazos as alternativas posíbeis a esta.

Trátase dun cumprido confronto intelectual, de 36 minutos, entre dúas tendencias ben distantes e distintas. Dunha banda o explícito anticapitalismo de Miren, que proclama a necesidade dun cambio de sistema a favor da maioría. Doutra o tibio social-liberalismo de Marc, que sostén que a crise mutou nun cambio de modelo no que non influe a vontade social.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Exerzamos de 99%

Mañá a clase traballadora galega estamos convocada a exercer a nosa máxima forma de protesta: a folga xeral. A folga do 29 de marzo ten por obxectivo lograr a retirada da última contrareforma laboral, aprobada por decreto polo goberno Rajoy, mais non só. Non é unha convocatoria finalista, senón un paso máis no necesario combate social contra do paquete de medidas antisociais e recorte de dereitos co que a clase dominante, a través dos seus gobernos vasalos, pretende cargar os custes da crise sistémica do capitalismo sobre a maioría social.

O éxito, seguro, da folga de mañá non será a fin de nada, senón un chanzo máis nun proceso, unha batalla máis (inda que importante) nun conflito -a loita de clases- que non parece doado pero do que non podemos fuxir. A gravísima agresión que representa a reforma laboral non é o problema, senón apenas un dos seus síntomas. Houbo outros (anterior reforma laboral, empobrecemento das pensións, suba inxusta de impostos…) e haberá máis (recortes de dereitos, destrución dos servizos públicos…).

Seguir lendo

Chuzame! A Facebook A Twitter

Número especial do “AGORA!” para a Folga Xeral

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova de Vigo, vimos de tirar do prelo un novo número do noso voceiro (Agora!), desta vez un especial concentrado na Folga Xeral de mañá.

Aquí o tendes para poder visualizalo ou descargalo en PDF:

Chuzame! A Facebook A Twitter

Do 10 ao 29 (de marzo)

As previsións macroeconómicas do goberno do PP confirmaron a semana pasada o que xa sabíamos. A política de recortes e empobrecemento dos salarios e pensións resultará en milleiros de postos de traballo destruídos.

O propio Rajoy asume indolente que as medidas antisociais do seu goberno sumarán como mínimo 600.000 paradas/os máis, colocándonos ás portas dos 6 millóns a nivel de Estado.

Seguir lendo

Chuzame! A Facebook A Twitter

Onte, 3 de marzo.


Onte foi 3 de marzo. Hai 36 anos a policía española, daquela baixo o franquismo, asasinou a sangue fría a cinco traballadores en Vitoria-Gasteiz, no marco dunha cruel e violenta represión a unha folga xusta. Aquela decisión tivo responsábeis. Os ‘asasinos da razón’ teñen nomes e apelidos, por máis que as interesadas axiografías recentes pretendan facernos esquecer. Os sucesos de Vitoria-Gasteiz tiveron outros antecedentes equivalentes, coma os de Ferrol en 1972. Foron os reiterados ‘fiascos’ sobre os que se construíu a falsaria transición española que legalizou a ditadura.

Onte foi 3 de marzo e compre recordar. Compre lembrar que Pedro, Francisco, Remualdo, José e Bienvenido, foron asasinados por defenderen os dereitos da clase traballadora, testemuñando que o fascismo é tan só a peor faciana do monstro capitalista. Lembrar que eles, xunto aos nosos Amador e Daniel, ao noso Moncho Reboiras, e aos millóns de loitadoras e loitadores que nos precederon no mundo, deron a vida pola causa da xustiza social.

Mais sobre todo compre converter a homenaxe en acción. E o noso contributo ao ‘poema vitorioso das trincheiras‘ que canta Lluis Llach, non pode ser outro que o de achegar o noso comprometido esforzo militante á súa (nosa) causa. O vindeiro sábado, 10 de marzo (Día da Clase Obreira Galega), temos na Galiza máis unha oportunidade de facelo. Na rúa, coma eles, coa súa mesma dignidade.

__

O vídeo que encabeza esta entrada é o documental íntegro “Llach, la revolta permanent” no que se abordan, trinta anos despois, os sucesos de 1976.

Chuzame! A Facebook A Twitter