As multas de Delfín. »
Xabier Pérez Igrexasxull 13, 2009Artigos e columnasPor o en | 0 comentarios
O Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, despachouse a gusto anunciando que “decenas e decenas” de traballadoras/es van ser multados. A continuidade deste señor no seu cargo é a estas alturas un feito indignante, xa que esta medida supón unha persecución antidemocrática en contra de quen unicamente exerceu os seus dereitos fundamentais de folga, manifestación e expresión, que foron permanentemente ameazados e dificultados pola acción represora das forzas policiais, baixo as súas ordes. As multas pretenden premer no colectivo de traballadoras/es, tentando desmoralizalos, para ver se mediante o acoso, desta volta administrativo, capitulan perante a patronal.
Hai quen quere facer crer que o conflito do metal xa concluíu, e finalizou cunha derrota á que responsabilizan á CIG. Nin houbo derrota, nin o conflito finou. O metal non se rende nin foi derrotado na súa loita por un convenio colectivo xusto, senón que está a coller alento económico para sustentar un conflito que se anuncia moi duro e prolongado por mor da actitude da patronal.
___
Artigo publicado en Xornal.com o 13-07-2009.

Se hoxe as negociacións do convenio colectivo do metal en Pontevedra non se reanudan, e o máis probábel é que non suceda, iniciarase unha folga indefinida nun sector determinante da economía galega.



