Contradiscurso

Trincheira dixital de Xabier P. Igrexas

Menu Close

Tag: enquisa

[!] Resultados da enquisa: Ao fío do debate lingüístico.

A maioría discrepa das teses do IGEA, avala a actual posición do BNG e aposta pola hexemonía social do galego como obxectivo estratéxico.

Rematado o período de votación na enquisa, que se iniciou o 24 de decembro e rematou o derradeiro día do pasado ano 2010, a seguir preséntovos unha síntese co máis destácabel dos resultados da mesma. Read more

[!] Enquisa: Ao fío do debate lingüístico.

Deita  a túa opinión en menos de 2 minutos.

Ao fío do debate xurdido estas semanas ao abeiro da polémica provocada polo Informe do IGEA da autoría de Henrique Monteagudo, veño de crear un sintético cuestionario a xeito de enquisa que ten a vocación de pulsar a opinión a respecto dalgúns aspectos relativos ao discurso actual do movemento de defensa da lingua (cuestionado polo IGEA) así como da situación e horizontes de futuro deste. A idea xurdiume tras de varias mensaxes nas que persoas que están a seguir o “debate” no Facebook ou nos media me manifestaban o seu desexo de dar a súa opinión malia a súa reserva/temor/timidez para expresala en forma de textos.

Ao longo de 7 preguntas moi breves (máis unha cuestión previa) que se responden en menos de 2 minutos, interrógovos a respecto da necesidade ou non de mudar o discurso do movemento de defensa da lingua, de cales deben ser os obxectivos estratéxicos deste, sobre a vosa valoración do Informe IGEA e da polémica pública suscitada así como da liña de posición do BNG en materia lingüística, e ademais poderedes establecer que grao de responsabilidade/culpabilidade teñen diferentes actores (desde a Xunta de Feijóo, pasando polos medios de comunicación, até a responsabilidade individual) na situación do idioma. Por último teredes que fixar que mecanismos coidades máis efectivos para a normalización da nosa lingua.

A enquisa ficará aberta, inicialmente, desde hoxe día 24  até o vindeiro 31 de decembro. Só se permite unha participación por IP. Os resultados serán publicados no blogue unha vez pechado o período de votación.

Participa na enquisa

P.S.: Habilítase o fio de comentarios desta entrada para que compartades todo o que teñades a ben sobre as cuestións recollidas na enquisa.

Retruque a Cesare sobre a “Enquisa”

A miña primeira reacción despois de coñecer os primeiros resumos sintéticos dos resultados da famosa enquisiña sobre o galego, ademais de os comentar brevemente con algúns compañeiros que tiña a man, foi a de ir recompilando outros datos e documentos a respecto da situación do noso idioma en Galiza.

Un bo tomo de follas soltas, con artigos de prensa, algunha columna de opinión, táboas con datos doutras sondaxes e estudos sociolingüísticos, varios exemplares dalgunhas publicacións de referencia e media ducia de libros, compoñen o material que levo días consultando metodicamente, ao tempo que non perdo de vista o cadro resumo dos resultados da enquisiña que tivo a ben distribuír a Xunta, e que xa non lembro cantas veces relín, e que sigo mergullado na Rede á procura de máis información.

Read more