Adianto electoral inevitábel

O vindeiro 16 de setembro celebraranse as eleccións ao Parlamento de Galiza. Así se afirmou hai poucos días en diferentes crónicas informativas. A data seica foi unha imposición de Rajoy a un Feijóo que prefería esgotar mandato e celebralas cando correspondían, no primeiro trimestre do próximo ano. A falta de confirmación oficial, que só poderá vir en forma de decreto de disolución do Parlamento galego, o certo é que esa data xa se toma como unha referencia máis que probábel.

No criterio atribuído a Rajoy, de seguro pesa o cálculo estritamente electoral. En Génova están a calibrar cal é o mellor momento para a celebración dos comicios autonómicos en Galiza. Fano desde a previsión, ou certeza, de que nos vindeiros meses haberá novas e máis fortes vagas de recortes e contrareformas. Saben que as mesmas han provocar, como é lóxico, unha importante contestación social. En síntese, a decisión da matriz española do PP opera dentro da pura economía de custes. De custes electorais propios.

Seguir lendo

Chuzame! A Facebook A Twitter

As vitorias do espellismo reformista

As presidenciais francesas saldáronse coa vitoria da alternancia representada polo social-liberal François Hollande fronte ao neocon Sarkozy. Os comicios lexislativos en Grecia tiveron un resultado inédito mais non sorpresivo.

O certo é que o núcleo duro do eixo neoliberal foi claramente derrotado en ambos procesos electorais. As forzas políticas obedientes aos ditados da troika neoliberal (Comisión Europea, Banco Central Europeo e Fondo Monetario Internacional) foron moi castigadas, especialmente no caso grego. Nese senso ambos resultados poden constituír un síntoma positivo. Un sinal de incipiente reacción social fronte a ofensiva do capital e a súa política de saqueo contra as clases populares. Porén, nas eleccións desta fin de semana triunfou fundamentalmente o espellismo das falsas ilusións.

Seguir lendo

Chuzame! A Facebook A Twitter

Acrencentando a análise sobre as eleccións lexislativas en Portugal.

Para acrecentar a análise arredor dos resultados electorais do passado domingo no país veciño, recomendo encarecidamente a lectura do último editorial do Terra e Tempo, que intitulado “Unha lectura das eleccións portuguesas” sinala algunhas chaves centrais.

Especialmente atinado, e oportuno, é o sinalamento -a xeito de conclusión- das reflexións que abren os resultados das lexislativas portuguesas:

- A falla de translación directa en apoio nas urnas ás opcións que defenden nos parlamentos e noutras institucións as medidas que se reclaman na rúa e a necesidade de mecanismos de politización das protestas.
- O medo a perder o que se ten, aínda que sexa pouco, que leva a importantes sectores da sociedade a caer na esquizofrenia de esixir cambios mentres apoian co seu voto aos responsábeis da actual crise e da perda de dereitos.
- A urxencia de abrir un debate serio e responsábel sobre a conveniencia de saírse do euro como garantía de poder adoptar políticas económicas e monetarias que permitan unha saída propia e progresista á crise.
- A volatilidade das políticas baseadas na preminencia da presenza mediática e do labor institucional.
- A necesidade de crear organizacións políticas sólidas con militancia e introdución social como única garantía para resistir os embates de momentos de regresión ideolóxica e crise económica e social e para avanzar con paso seguro cando sexa posíbel.

Outra lectura recomendábel é a Nota dos Editores de O Diario titulada <<Eleições de 5 de Junho: mudam os principais executantes do “memorando” da “troika”>> na que se profundiza na análise do actual cenario político en Portugal.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O compromiso coherente do PCP.

A resistencia electoral da coalición CDU, amosa a fortaleza social das e dos comunistas portugueses

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/fcG06R0hVHk" width="645" height="300" wmode="transparent" /]

As eleccións portuguesas non ofrecen un resultado positivo, xa que a dereita ultraliberal representada polo PSD e mailo CDS-PP faranse coas rendas do goberno, nunha república presidida polo conservador Cavaco Silva. O certo é que asistimos a unha mera alternancia, sen que represente ningún cambio substancial, posto que o executivo do social-liberal PS de Sócrates partillaba xunto ao PSD o programa de reformas antisociais que a troika neoliberal -isto é o Banco Central Europeo, a Comisión Europea e o Fondo Momentario Internacional- vén de impoñer mediante un interesado rescate forzoso. Rescate nunha economía paradoxalmente menos endebedada que a española, e que se suma ao xa realizado en Grecia.

Seguir lendo

Chuzame! A Facebook A Twitter

Convención Nacional Electoral #BNG2011

Mañá terá lugar a Convención Nacional Electoral do Bloque Nacionalista Galego de cara as eleccións municipais do 22 de maio.

Ademais de participar na mesma, exercerei de CiberBloqueiro retransmitindo fundamentalmente a través do meu Twitter (@contradiscurso) o que nela aconteza.

Así mesmo poderedes seguir a outras/os ciberbloqueiras/os no twitter a través do hashtag #BNG2011.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O nacionalismo galego en ascenso.

Recentes sondaxes veñen confirmar a tendencia ascendente, desde un punto de vista electoral, que os estudos do CIS lle estiveron prevendo ao BNG após o recuar que o desaloxaría do Goberno galego.

Onte vían a luz dous novos inquéritos. Un publicado no españolista La Razón e outro no diario filoprogresista Público. O primeiro, inda atribuíndo unha perda de varias decenas de miles de votos, daba por asegurado que de celebrarse hoxe as Eleccións Xerais, o Bloque mantería a súa representación no Parlamento Español con 2 deputadas/os. No segundo, que se encadra nunha serie histórica do denominado Publiscopio, outórgaselle ao nacionalismo galego un 1,4% de votos no eido de Estado.

Seguir lendo

Chuzame! A Facebook A Twitter

Apuntamentos sobre Alemaña e Portugal.

dsc_2025

O domingo celebráronse simultaneamente eleccións lexislativas nas repúblicas do Portugal e da Alemaña.

De entrada os gobernantes Sócrates e Merkel, previsibelmente, continuarán catro anos máis na presidencia do executivo. Ambos precisarán alianzas parlamentarias, non só para a súa investidura senón mesmo para garantir a execución do seu programa de goberno. Tanto no Portugal como na Alemaña o escrutinio describe un claro xiro ideolóxico, inda que de senso contrario. Así as e os portugueses retiráronlle a folgada maioría absoluta do socialista Sócrates, premendo por un xiro á esquerda que se facía imprescindíbel. Alemaña, porén, optou por satisfacer os desexos da actual chanceler desbancando da gran coalición gobernante ao socialdemócrata SPD para substituílo polos liberais da FDP.

Seguir lendo

Chuzame! A Facebook A Twitter