Contradiscurso

Trincheira dixital de Xabier P. Igrexas

Menu Close

Tag: blogomillo

A empadroarse no blogomillo!

Perdoade a bricandeira do título. A cousa é que o traballo de cartografiarmos o blogomillo avanza inexorábel, co pulo do compromiso de xente como Pedro Silva, Amador Loureiro ou Jon Amil.  E algunhas máis, claro. Os principais avanzos poden verse xa no inoreader creado por Pedro, aquí.

Read more

Primeiro mapa da nova cartografía do blogomillo

Hai un par de semanas fixen un improvisado chamado a cartografíar o blogomillo para o revitalizar, axudando a nos (re)encontrar as diferentes eiras que compoñemos o seu territorio. Manolo Bragado acolleu con agarimo esa proposta, non só asumíndoa senón ofrecéndose xenerosamente a axudar a facela realidade. Foron moitas as que o secundaron, partillando o apuntamento no que a formulei. Moitas cadramos na necesidade da tarefa de indexarmos de novo o blogomillo, pero sen sabermos exactamente de que maneira, nin tampouco quen podería facelo.

Read more

Por unha nova cartografía do blogomillo

O blogomillo é un produto autóctono que agroma tecendo un espazo de noso no medio do océano global da Rede. O termo, acuñado por unha das súas decanas, María Yáñez, servíu para aglutinar unha comunidade blogueira enormemente diversa que ten o idioma propio e común, o galego, como nexo vertebrador.

Read more

Notas da viaxe a Bruxelas.

DSCF1753

Xa de volta na Galiza, e despois de tomarme algún tempo para valorar en maior profundidade a viaxe, e de paso sacudirme o estado de confusión e mareo que sempre me producen as viaxes ao estranxeiro, quero compartir con vós, tal e como prometera, unhas poucas notas a respecto da miña participación no Seminario “Activismo político na web: como xerar discusión política en internet?” que tivo lugar o pasado mércores 11 no Parlamento Europeo.

Antes de nada, permitídeme que reitere tamén dende aquí o meu completo agradecemento a Ana Miranda por ter pensado en min e incluírme na delegación galega que participou no evento organizado, a iniciativa de ERC, por ALE/Os Verdes. Alén do convite en si, todas e todos os que compuxemos a delegación concordamos en que resulta impagábel a atención, amabilidade e mesmo cariño co que nos acolleu a nosa incombustíbel Eurodeputada de facto.

Read more

Paco 2.0

Un dos máis destacados dirixentes do nacionalismo galego, quen foi a voz activa e insubmisa do noso país nas Cortes españolas durante 12 anos, e actualmente Secretario de Acción Institucional na Executiva Nacional do BNG, ademáis de Secretario Xeral da UPG, Francisco Rodríguez Sánchez, deu o salto ao blogomillo, abrindo o seu propio blogue, que se insire dentro da rede Blogues Nacionalistas Galegos impulsada polo propio Bloque.

O feito de que unha persoa como Paco, da súa altura política e intelectual, cunha inmensa contribución ao nacionalismo contemporáneo desde unha óptica claramente marxista, teña dado o paso de abrir unha fiestra de seu na rede 2.0, aberta aos comentarios das/os visitantes, é unha moi boa noticia.

Unha boa nova, en chave de país, xa que se dalgo anda escasa a nosa nación, entre outras cousas, é da tan preciada divulgación histórica-política-ideolóxica, tan necesaria no proceso de construcción nacional, e na que tanto ten que achegar Paco.

O blogue de Paco Rodríguez | http://franciscorodriguez-bng.org/