O éxito de Aminetou. »

AMINETU HAIDAR 2

É innegábel que o feito de que a activista saharauí Aminetou Haidar estea de volta no seu país, após ter dobrado a autocracia marroquí, é un éxito. Un éxito en primeiro lugar da propia Aminetou, que non esquezamos puxo en xogo a súa propia vida a través dunha folga de fame. Un éxito para a causa que representa, a do Sáhara oprimido por Marrocos coa complicidade internacional. Pero tamén un éxito para o internacionalismo que encarnaron todas as persoas que se implicaron en premer na mesma dirección. Falo de asociacións como Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, cunha permanente e continuada actividade reivindicativa, pero tamén das mostras isoladas, voluntaristas ou espontáneas que xurdiron estas semanas en todas as coordenadas do mundo. Aminetou deixou durante un breve lapso de tempo de berrar -coma o seu pobo- ante un impasíbel e cínico silencio xordo.

Porén os éxitos non significan sempre vitoria. A cuestión do Sáhara occidental, o dereito negado á libre autodeterminación, segue pendente de resolución. É certo que o heroico exercicio de compromiso de Aminetou conseguiu cando menos poñer en negro sobre branco a súa causa. Porén non é menor o risco de que esta luz languideza, cando paseniñamente vaia sendo expulsada do ciclo de noticias co que os grandes media fixan o que é ou non de actualidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Non á Constitución. »

auto-p

Por razóns biolóxicas elementais non puiden participar do referendo da Constitución Española de 1978. Porén, o certo é que de poder telo feito tería votado non. Basicamente por concordar cento por cento coa valoración que naquela altura fixo o nacionalismo galego, nun acto valente de firmeza ideolóxica e de coherencia, que turraba contracorrente da legalización do franquismo -chamada transición democrática-, por unha democracia real que partise do recoñecemento da nosa nación. Proxectar o que un tería votado en chave pretérita é certo que resulta sinxelo e tremendamente cómodo. A cuestión é que de ter a oportunidade hoxe de referendar aquela Constitución, ou calquera semellante, o meu voto tamén sería contrario.

O españolismo ten feito da actual carta magna un texto case sagrado e santificado. A súa data conmemorativa serve todos os anos para un enxalzamento chauvinista e tremendamente rancio. Hai quen a reivindica sen tapuxos por ser garante, forzoso, da santa unidade da España Unha. Hai tamén, quen disimula, alegando que con ela chegaron as liberdades.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Acto de GN en Vigo pola Autodeterminación! »

praza

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova de Vigo organiza un ACTO PÚBLICO, no marco da campaña "A nosa lingua, a nosa nación, Autodeterminación!", mañá domingo 6 de decembro (día da Constitución), e que ten por obxecto aproveitar esa data para reivindicar o dereito de libre autodeterminación e a defensa do noso idioma, que a actual consitución española nega á nosa nación.

O acto terá lugar, mañá domingo 6, ás 17h na Praza da Constitución de Vigo (no casco vello) e consistirá en:

  • Cambio da placa que da nome á praza polo de "Praza da Autodeterminación".
  • Lectura de textos nos que se recolle a valoración histórica que o nacionalismo fai da Constitución.
  • E as intervencións de: Galaaz Vaamonde, Responsábel Local de GN,  e Xabier P. Igrexas, Vice Responsábel Comarcal de GN.
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Estatuto, e conciencia, de nación. »

A proximidade do inicio do curso político volveu poñer en primeira plana a posíbel reforma do Estatuto de Autonomía do noso país.

O Partido Popular xa se apresurou por boca de Mariano Rajoy (utilizando de xeito partidista a Radio Galega) a tentar botar terra sobre o debate, a golpe da afirmación demagóxica e desnortada de que a reforma estatutaria non é unha prioridade. Feijóo, obediente coma sempre ás instrucións da súa matriz española, fixo o propio dicindo que compre agardar á resolución xudicial do Estatut catalán, e adiantando a súa oposición frontal a que no hipotético novo estatuto se recolla o carácter nacional de Galiza. Nada sorpresivo, pois.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O BNG reaxe. »

20.000 persoas ateigaron as rúas de Compostela para celebrar o Día da Patria Galega, participando da manifestación convocada polo BNG. A mobilización resultou nunha inxente demostración de enerxía e forza, para facer fronte ás políticas reaccionarias do PP, deixando patente que pese aos recentes retrocesos electorais o nacionalismo galego non está, nin moito menos, derrotado.

O elemento central da xornada foi a intervención de Guillerme Vázquez, que se estreaba arengando na Praza da Quintana. Foi un discurso preciso, sen excesos nin poses, cunha linguaxe clara -chamando ás cousas polo seu nome- e a contundencia de quen expresa conviccións. Nel o portavoz nacional do BNG evidenciou como partes dun todo indisolúbel a defensa dos dereitos nacionais do noso país e a reivindicación dunha nova orde socioeconómica ao servizo da maioría social, facendo de ambos elementos os eixos sobre os que pivotou a súa intervención.

Non foi un discurso máis. Foi unha demostración palpábel da fortaleza coa que o BNG, como proxecto nacionalista e de esquerdas, está a reaxer.

___

Artigo publicado en Xornal.com o 27-07-2009.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Pola ruptura económica e diplomática con Israel! »

O BNG reclama no Parlamento a suspensión das relacións diplomáticas e económicas co estado de Israel

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

¡Galiza ceive, poder popular! »

Un 6 de decembro máis a pompa españolista emprega toda a súa artillería, dende o institucional-protocolario até o ámbito metasimbólico, disque para celebrar a aprobación da Constitución Española de 1978.

Un texto, o da "constitución colonial", como ben se definira por un amplo sector do nacionalismo galego na época na que xermolou a carta magna, que nacía da pretensión politicamente ilexítima, xuridicamente cuestionábel e eticamente reprobábel de introducir apenas algúns cambios para pasar dun réxime totalitario produto dun golpe de estado de carácter protofascista a unha democracia limitada de corte occidental, cun Borbón na cabeza do estado.

A constitución foi o resultado dun proceso o da transición que no canto de supor unha ruptura cos máis de corenta anos anteriores de franquismo, xirou deliberadamente a cara e someteuse "voluntariamente" a unha amnesia inconcibíbel que inda está pendente de caducar definitivamente.

Se aplicamos a regra do menos malo, é innegábel que calquera paso que fose na dirección de afastarse do réxime ditatorial do Generalísmo e os seus secuaces, algún hoxe desmemoriado senador en representación do noso país, era en si mesmo algo positivo. Pero positivo non significa suficiente, e a reforma política do franquismo, da que nacería a actual democracia formal, non cumpría nin cumpre cos mínimo exixíbeis en termos puramente democráticos.

Os pais da constitución parírona dende o afán de que esta fose practicamente inmodificábel. Había que facer un texto que deixase todo atado, fixando uns limites ben grosos inda que estes fosen limitadores do propio exercicio democrático.

Así, como ben lembraba Iria Aboi, no acto que onte celebrou Galiza Nova en Compostela co que arrancaba unha campaña na que se reivindicará a autodeterminación, é difícil concibir a defensa dun texto legal que consagra entre outras lindezas o papel do exército español como defensor da intocábel, e imposta, unidade de España.

A constitución que algúns celebrarán e defenden como dogma inamovíbel, non é máis que o resultado dun pacto entre unha parte da estrutura dirixente do Movemento Nacional e os sectores máis temerosos e entregados da pseudo esquerda española, PCE incluído.

Fica claro pois que non hai moito que as/os galegas/os, por sermos un pobo politicamente negado, colonizado no económico e asoballado no cultural e identitario, poidamos celebrar este 6 de decembro. Pouco ou máis ben practicamente nada.

Fronte ao espectáculo ritual que cada ano por estas datas ofrece o españolismo a través de todas as súas marcas, de goberno e de oposición, hai que respostar defendendo sen matices o lexitimo e democrático dereito a que nós, a nación galega, como suxeito de dereito decidamos libremente o noso destino, a través do proceso de autodeterminación.

Perante aqueles que hoxe con fachenda se manifestarán orgullosos da negación de dereitos aos pobos que conforman o estado, que a súa Constitución consagra, hai que afirmar sen medo que o noso obxectivo non é outro que o de acadar unha Galiza plenamente soberana.

Hoxe máis que nunca a consigna que resoará na cabeza de moitas/os non é outra que a de ¡Galiza ceive, poder popular!.

===

Artigo publicado en Xornal.com o  6-12-08 e en Avantar o 10-12-08.

(Fonte da imaxe: Vieiros)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google