Máis información sobre as mobilizacións contra as 65h

outubro 2nd, 2008 outubro 2nd, 2008
Posted in Copiado e pegado, convocatorias
No Comments »

Hai pouco colgaba nunha entrada do blogue información sobre a convocatoria de mobilizacións da CIG contra da Directiva europea do Tempo de Traballo.

Amplío neste post a información dada.


Mobilízate coa CIG o día 7 de outubro

CONCENTRACIÓNS

A Mariña: Ás 11:00 horas no concello de Cervo.

A Coruña: Ás 12:00 horas, diante da Subdelegación do Goberno

Ferrol: Ás 12:00 horas diante do edificio da Xunta de Galiza na Praza de España.

Lugo: Ás 12:30 horas diante da Subdelegación do Goberno.

Ourense: Ás 11:30 diante do edificio sindical

Pontevedra: Ás 12:30 horas diante da Subdelegación do Goberno.

Santiago: Ás 12:30 h na Praza de Galiza.

Vigo: Ás 12:00 horas, saída de diante do pavillón do Berbés.

Máis información aquí.

Chuzame! chúzame -

Non ás 65h

outubro 1st, 2008 outubro 1st, 2008
Posted in convocatorias
No Comments »

O Bloque Nacionalista Galego xa manifestou de maneira reiterada a súa oposición á disparatada e antisocial "Directiva Europea sobre o Tempo de Traballo" que prevé xornadas laborais de até 65h semanais, e está a presentar mocións nos concellos, parlamento galego e cortes do estado nas que se pide o rexeitamento desta medida regresiva.

Pola súa banda a CIG convoca unha mobilización en contra desta directiva, o vindeiro martes 7 de outubro que sairá ás 12h dende o Pavillón do Berbés en Vigo.

Mobilízate!

[Descarga] Panfleto informativo (PDF)

Chuzame! chúzame -