[Con Intención]
Para acceder a todas as entradas da sección fai click aquÃ:
 Contidos [Con Intención]
Advertencia: Sección non apta para imbéciles.
¿QUE? | Contidos.
[CON INTENCIÓN] é unha sección do blogue na que recollerei unha serie de entradas, indeterminadas en número, indefinidas na súa periodicidade, nas que simplemente tentarei proxectar o meu enfoque sobre temas que por unha razón ou outra nunca tiveron cabida na estreitez dunha columna ou no corsé dun artigo de opinión, nos que acostumo a falar basicamente da polÃtica digamos oficial, digamos cotiá, digamos estándar.
Iso sÃ, falarei/escribirei coa contundencia propia de quen sempre di as cousas con intención.
¿QUEN? | Autor.
É máis doado dicer o que non son. Non son morno, nen tépedo, nen insulso, nen maino. Non son moderado, polÃticamente correcto ou cerebral. Non son cÃnico nen modesto. Non son un cretino. Non son unha foto fixa, nen producto de masas. Non son gris. Apenas son un militante da resistencia da dictadura da mediocridade.
¿PORQUE? |Causa(s)
Fico canso de discursos mornos, do uniformador pensamento gris, da dictadura da moderación e do totalitarismo da mediocridade. Do polÃticamente correcto e do oficialmente "progre".
Detesto as medias tintas e o discurso valeiro. Teño o convencemento de que o motor de explosión que da movemento á Historia ten como combustÃbel a confrontación democrática e razoábel de posicións extremas.
Con ese enfoque creei esta sección baixo a cabeceira de [Con Intención], entendendo que como dà George Orwell: "Liberdade de expresión é dicer o que outros non queren escoitar".
¿PARA QUE? | Obxecto.
Sinxelamente para que o leas, porque escribir é esencialmente compartir pensamentos.
¿SOBRE QUE? | Esbozo de temas.
- Da mediocridade.
- Da dictadura da mediocridade.
- Da resistencia á dictadura da mediocridade.
- O brando, o suave, o tenro.
- A sempre incomprendida retranca.
- Autoridade non é autoritarismo.
- Éxito e fracaso.
- Talento...
- Autobombo e autoodio.
- O politicamente correcto.
- O pensamento gris.
- Contradiscurso.
- Colectivo versus Masa.
- Individuo versus Individualismo.
- Res pública.
- Eu fronte a Nós.
- A imposición das especifidades.
- Envexa, ciumes e medo.
- Os valores secuestrados (disciplina, constancia, esforzo, traballo...)
- Pola graza do erro.
- O valor da palabra.
- O afecto como necesidade.
- Felizmente infeliz.
- Titulación: Licenciado en incompetencia.
- Eu, o cabrón...
- ...
chúzame -