Contradiscurso

Palestra de Xabier P. Igrexas

Menu Close

Category: Nacionalismo galego (page 1 of 16)

Probando probando

Sementar para avanzarmos

Houbo, e hai, no debate sobre as confluencias electorais unha omisión grave. Pártese sempre de análises de foto fixa. De extrapolacións mecánicas duns resultados concretos que pasan a ser proxectados como certezas do futuro. Así, a aritmética presente tórnase en prognóstico indiscutíbel. É obvio que hai algunhas tendencias de fondo que dificilmente reverteran no inmediato. Mais, en rigor, é difícil de soster e argumentar a aposta na confluencia/articulación electoral como se esta garantise per se os resultados que se procuran no cuantitativo, e non presentasen alteracións no cualitativo. Esta tese cimentase na primacía do como, da forma, desprezando a importancia (capital) do que e o para que. Read more

Nin abandono, nin resignación: desterrarmos o derrotismo

No debate que se vén de iniciar no BNG, após os maos resultados do 20D e de cara á  Asemblea Nacional ordinaria do 28F, abundan os símiles náuticos. Debe ser reflexo dunha pulsión subconsciente onde o mar é un factor esencial para comprendermos o país. No entanto, permite tamén entroncar, con retranca, coa retórica da nova política e os seus novos enunciados e marcas.

Read more

Patchwork de argumentos para o debate no BNG

Nos grandes debates adoitan ser máis as preguntas que as certezas, as dúbidas que as rotundidades. Nos debates importantes as teses correctas acostuman ser unha síntese, coherente pero diversa, que recolla o máis acertado (procesándoo a través do debate e o contraste) das análises e das propostas.

Read more

Catro apontamentos após o 20D

No que atinxe a Galiza, os resultados do 20D foron maus. Tanto polo feito de que o PP de Feijóo resiste ben –dado o contexto– como primeira forza, como polos resultados colleitados polo nacionalismo galego artellado arredor de Nós-Candidatura Galega. A coalición de Podemos con EU, Anova e as “mareas” das cidades, logrou dar un novo sorpasso ao PSdeG, asestando un duro golpe en núcleos como Vigo, onde pasou de primeira forza en maio (cunha inesperada e histórica maioría absoluta para Caballero) a terceira, por detrás do PP.

Read more

(Só) en Bloque podemos

Unha semana despois das masivas mobilizacións sindicais contra o recortazo de Rajoy, o clamor social volveu a expresarse nas rúas, ateigando Compostela co gallo da celebración, unha vez máis exitosa, do Día da Patria.

A celebración deste 25 de xullo foi unha constatación da ligazón intrínseca que noso país existe entre a cuestión social, de clase, e a nacional. Nas consignas e nos ánimos dos milleiros de persoas que secundaron a convocatoria do BNG, agromaba a consciencia de que a liberación social e a nacional son un proceso indisoluble e indivisible.

Read more