'informática' Category

OpenOffice 3.0 (beta) en galego.

setembro 8th, 2008 setembro 8th, 2008
Posted in idioma, informática, software ceibe
3 Comments »

Contan en Vieiros, que a primeira versión candidata para o paquete ofimático de software ceibe OpenOffice na súa versión 3.0 que está a piques de ser lanzada (o 16 de setembro), xa se pode probar no noso idioma.

Pese a non ser a versión definitiva, xa se poden probar todas as súas funcionalidades, entre as que destaca a opción de editar PDF.

O OpenOffice 3.0 (Beta) en galego, pódese descargar de balde aquí.

Chuzame! chúzame -

Democracia 2.0

xullo 13th, 2008 xullo 13th, 2008
Posted in Globalización, análise, ciberactivismo, democracia participativa, informática
No Comments »

Máis aló da democracia "formal", non pode existir unha xenuina democracia real sen unha activa participación sociopolítica. Superar o carácter "representativo" a través de canles de participación directa da cidadanía é o grande repto, se cadra un dos pasos chave nun proceso de verdadeiramente revolucionario.

O papel da cidadanía debe afastarse da dimensión reducida de electores para achegarse á semántica orixinal da democracia.

As persoas deben deixar de ser actores pasivos que só interveñen periodicamente en procesos electorais que ás máis das veces pola súa propia configuración normativa non son democráticos (leis electorais que impiden de facto a representación plural das minorías, maquinaria do mass media ao servizo de determinadas opcións, listas pechadas, modelo de circunscricións...), para converterse en actores protagonistas da vida política. Esa é a verdadeira democracia.

As novas tecnoloxías da información teñen grandes potencialidades como canles útis no propósito de reinvertar a democracia en chave participativa. Polas súas características (accesibilidade, ruputra de fronteiras físicas, interconexión...) a denominada web 2.0 con todos os elementos que a compoñen (redes sociais, blogues, espazos de realidade virtual, streaming...) está a converterse na palestra do século XXI.

Así as infotecnoloxías xa están a sustituir aos pasquíns e aos mitíns nas fábricas do século XIX, con campañas de ciberactivismo de masas, ciberconvocatorias (coa súa versión SMS)... con debates no Youtube, achegando un elemento enriquecedor como é o da colectivización da participación política respetando os espazos da iniciativa individual como desencadenante.

Como sostén Eladio Díez, responsábel do Foro de Investigación e Acción Participativa, nunha interesante entrevista publicada hoxe en Vieiros, "o ciberactivismo é a resposta desde a base a este novo mundo".

_Artigos de interese:

_Ligazóns:

_Descargas relacionadas:

Chuzame! chúzame -

Faille un click ao galego!

abril 18th, 2008 abril 18th, 2008
Posted in idioma, informática
1 Comment »

Agora xa podes GALEGUIZAR A TÚA COMPUTADORA!

Durante un mes, dende o 9 de abril até o 9 de maio, poderedes descargar as librarías da lingua galega para que os sistemas operativos Windows XP e Vista, así como as suites ofimáticas Office 2003 e 2007, estean completamente en galego. Podes descargar de balde os paquetes de linguaxe dende aquí.

Porén, como ben se indica en Cousas do Iago : "Cómpre recordar, que esta iniciativa non é tan pioneira como asemella. Dende Mancomún lévase traballado moito pola adecuación do software libre (sen licenzas de propiedade) ao galego. Así, pódense descarregar as opcións de galego para o OpenOffice, para o navegador Mozilla Firefox e para moitos outros programas, que ademais de ser de balde, son bos e en galego."

Chuzame! chúzame -