Tres artigos fundamentais e unha entrada imprescindíbel.
xullo 21st, 2008 xullo 21st, 2008 Posted in Copiado e pegado, EUA, Galiza, Globalización, análise, capitalismo, economía, internacional, iraqueNo Comments »
Hoxe vai de lecturas recomendadas:
Paco Rodríguez analisa no seu artigo "Balanzas fiscais" na súa columna en Xornal, a controversia xerada encol da balanzas apresentadas polo governo español.
Por outra banda un extenso pero moi interesante artigo do Presidente da Rede Voltaire, Thierry Meyssan, publicado en VoltaireNet, baixo o descriptivo título "Operación Sarkozy. Como a CIA puxo un dos seus axentes na presidencia da República Francesa"explica o entramado que hai tralo controvertido presidente galo.
Para rematar, tirando dun dos meus meios de referenza, Rebelión (no que tamén teño escrito varios artigos), a escritora Naomi Klein fala do actual momento do capitalismo e das verdadeiras causas da invasión do Iraque, no artigo titulado "Capitalismo do desastre: estado de extorsión".
E por último unha entrada no blogue de Ignacio Escolar a cargo de Toño Fraguas, a respecto do candidato do Partido Demócrata dos EUA, no que baixo a ilustrativa cabeceira de "Onde está o progresismo de Obama?" fai unha enumeración de cinco das posicións máis reaccionarias do candidato afroamericano... Por se alguén tiña dúbidas...
Bo proveito.
chúzame -
Cando ves a unha "xornalista" participante en realitys como "Supervivientes", cun autocolante de Free Tibet, empregando espazos en prime time televisivo para facer chegar a súa mensaxe de "defensa dun povo oprimido" polos malvados chineses, que ademáis son comunistas, un comeza a intuir, inda que non teña nen idea do problema tibetano, que esa aparente causa de digna xustiza, ten riscos de propagandismo oficial. Cando ademáis se comproba un curioso aliñamento mediático e político cunha onmipresencia no mass media occidental, o intuido empeza a confirmarse.





















