Adianto electoral inevitábel

O vindeiro 16 de setembro celebraranse as eleccións ao Parlamento de Galiza. Así se afirmou hai poucos días en diferentes crónicas informativas. A data seica foi unha imposición de Rajoy a un Feijóo que prefería esgotar mandato e celebralas cando correspondían, no primeiro trimestre do próximo ano. A falta de confirmación oficial, que só poderá vir en forma de decreto de disolución do Parlamento galego, o certo é que esa data xa se toma como unha referencia máis que probábel.

No criterio atribuído a Rajoy, de seguro pesa o cálculo estritamente electoral. En Génova están a calibrar cal é o mellor momento para a celebración dos comicios autonómicos en Galiza. Fano desde a previsión, ou certeza, de que nos vindeiros meses haberá novas e máis fortes vagas de recortes e contrareformas. Saben que as mesmas han provocar, como é lóxico, unha importante contestación social. En síntese, a decisión da matriz española do PP opera dentro da pura economía de custes. De custes electorais propios.

Seguir lendo

Chuzame! A Facebook A Twitter

Naval, UE e Feijóo

A grave situación do sector naval en Galicia estivo moi presente na celebración do Primeiro de Maio en Vigo. Celebración masiva, na que o sindicalismo nacionalista tivo a maior manifestación da súa historia nesa data.

A demanda de solucións urxentes que impidan o esmorecemento definitivo da construción naval na ría de Vigo foi das máis proclamadas. As e os moitos que antonte se mobilizaron saben da estreita relación, causa-efecto, entre a situación do tecido produtivo e a taxa de desemprego.

Seguir lendo

Chuzame! A Facebook A Twitter

O pobo traballador galego en loita

Pasaron case cinco anos do inicio da vixente crise sistémica. A burbulla da especulación financeira, nomeadamente hipotecaria, foi un dos seus principais desencadeantes. Porén, o que levamos de crise amosounos que esta é estrutural, sistémica.

O capitalismo, na súa fase da globalización imperialista, entrou da man do neoliberalismo nun proceso de colapso a nivel internacional. A reacción da clase dominante, da oligarquía empresarial e do capital, ten sido aproveitar precisamente este marco de crise para resolvela no seu favor en prexuízo da maioría social.

Seguir lendo

Chuzame! A Facebook A Twitter

Saqueo orzamentario

Os Presupostos Xerais do Estado (PXE), resultado da maioría absoluta do PP, son un articulado de máis e máis recortes. Os primeiros orzamentos da era Rajoy fundaméntanse na bestial precarización de servizos públicos esenciais, como o ensinoou
a sanidade.

Son o densenvolvemento daquela reforma constitucional express aprobada, sen referendo, por PSOE e PP. Son a aplicación concreta do Pacto de Estabilidade do Euro, que malia parecer invisíbel publicamente é a raiceira de todas e cada unha das medidas antisociais acordadas polo goberno español. O actual e o anterior.

Seguir lendo

Chuzame! A Facebook A Twitter

Absurdo aeroportuario

A suma dos tres aeroportos galegos recibe menos pasaxeiras/os que o aeroporto de Sevilla e realiza menos operacións que o de Alicante. Unha realidade agravada pola irracional competencia interna entre Alvedro, Lavacolla e Peinador, que limita as potencialidades aeroportuarias de Galiza en beneficio doutras áreas do Estado ou da península (Oporto).

Os datos amosan reiteradamente a necesidade urxente de dotar ao sistema aeroportuario galego dunha planificación estratéxica de conxunto. Unha estratexia que se alicerce na racionalización, na integración cooperativa dos tres aeroportos e na reorientación da súa actividade, tal e como evidencia o feito de que o de Vigo mobilice menos de metade de toneladas de mercadorías que Lavacolla, malia a súa importancia como núcleo produtivo.

Artigo publicado en 20 minutos – Ed. Vigo (páx. 2) o 16/03/2012

Chuzame! A Facebook A Twitter

Soberanía, democracia e traballo.

Vista da ateigada Praza da Quintana este 25X (máis imaxes aquí e aquí)

Así reza o lema co que o Bloque Nacionalista Galego convoca a manifestación nacional do Día da Patria Galega deste ano. De seguro que seremos milleiros de compatriotas comprometidas/os con este pobo e con esta terra as e os que ateigaremos as rúas de Compostela nun exercicio de dignidade nacional que nada ten de ritual, e si moito de significado.

Porque se algo amosou, con meridiana claridade, este primeiro treito da crise sistémica do capitalismo neoliberal é que é o movemento nacionalista galego, co seu efectivo carácter popular e a súa natureza emancipadora, a única alternativa, o único proxecto político, que actúa de xeito decidido en defensa dos intereses das clases populares do noso país. Todos os ataques antisociais perpetrados polo PPSOE, chámense reforma laboral ou das pensións, chámense precarización dos servizos públicos ou contrareforma da negociación colectivos, todos, toparon coa oposición frontal do nacionalismo galego.

Seguir lendo

Chuzame! A Facebook A Twitter

NovoBancoGalego, antes NCG.

O Presidente de ONO, Jose María Castellano, quen fora home forte do emporio empresarial Inditex, será quen dirixa os designios de Novacaixagalicia, iso si, mutada a banco e prescindindo, xa que logo, do seu carácter semipúblico.

Iníciase así, con esta lamentábel decisión do Consello de Administración, o que está chamado a ser o derradeiro capítulo da historia da liquidación das caixas de aforro galegas. Tal e como se advertira, toda a operación iniciada ao abeiro do FROB e posteriormente debuxada pola Lorca, só tiña por obxecto entregar o aforro das e dos galegos ao capital privado foráneo. Nada ten a ver a solvencia, nin o core capital. É só unha xogada no marco dunha crecente recentralización política e económica do Estado, máis unha vez, ao servizo dos intereses da oligarquía financeira.

Seguir lendo

Chuzame! A Facebook A Twitter