Sufraxio non democrático.
xullo 31st, 2008 xullo 31st, 2008 Posted in artigos e columnas, democracia participativa, direitos civís, diáspora, eleccións, estadoNo Comments »

O voto, o dereito ao sufraxio, é o núcleo da democracia. Algúns sostemos que ese dereito debe ampliarse e estenderse mediante a articulación de sistemas que promovan e posibiliten a participación activa e directa da cidadanía na toma de decisións, máis aló da mera delegación das democracias representativas e pluripartidarias, entendendo que só a través dese vieiro se pode construir unha verdadeira democracia: a democracia popular.
Pero é especialmente en sistemas políticos, como o instalado no Estado Español, onde o sufraxio alcanza unha maior importancia.
Tal e como están as cousas, a cidadanía apenas temos o dereito de delegar o exercicio da nosa cota de soberanía en representates políticos escollidos dentro dunha oferta pluripartidaria, esquilmada por un réxime electoral que dificulta cando non exclúe ás minorías, mediante o sistema de listas pechadas, cada certo número de anos.
É dicer, unicamente decidimos quen sentar nos concellos, no parlamento, no Congreso, no Senado e na ficticia Eurocámara, que é onde se tomarán as decisións que nos van afectar directamente, e facemolo cada catro ou cinco anos.
Nunha democracia incompleta e imperfecta como a instaurada coa Constitución do 1978, o mínimo exixíbel é que o direito ao sufraxio, que é universal, se efectivice con plenas garantías de transparencia.
Hai tempo que se sospeita, ou se sabe, que o partido que controla o governo do estado, e polo tanto a rede diplomática e consular, controla o voto da emigración (ao seu favor obviamente), que en circunscricións como a galega é determinante. A confirmación veu da boca, curiosamente, de voceiros do PP. Tanto Feijoo como Rajoy denuncian agora as maldades dun sistema de voto, do que se beneficiaran impugnemente no pasado.
O governo de Zapatero non ten a vontade de rematar coa fraude antidemocrática na que se teñen convertido, elección tras elección, os votos provintes do exterior. Así o demostrou a vicepresidenta De la Vega na súa comparecencia, a petición do BNG, na comisión constitucional, que escudandose trala coartada inmoral de presuntas dificultades técnicas veu a dicer que o do voto en urna, que reclamou o parlamento galego de maneira unánime, de momento vai ser que non. Mesmo deu a entender que o problema podería ser de cartos. Lamentábel.
Non hai nada máis importante, en termos democráticos, que garantir que os votos que se efectuen nuns comicios expresen a libre vontade da/o votante, e que o fagan baixo total transparencia, sen dar espazo a ningún tipo de dúbidas arredor da súa legalidade.
Non é admisíbel que continuen a votar mortos, que haxa votos duplicados, ou papeletas desaparecidas. Calquer proceso electoral que resulte dun proceso con esas irregularidades será completamente ilexítimo e antidemocrático.
Se cadra o PSOE agora temeroso polas posíbeis consecuencias electorais da crise económica, xa non teña a máis mínima vontade de garantir que os votos, sexan de onde sexan, se emitan coas mesmas garantías.
Nesta democracia de cartón, os tramposos son sempre os mesmos.
===
Artigo publicado en GZ Nación o 31-07-08, en Xornal e Mundo Galiza o 01-08-0, en Kaos en la Red (en español) o 02-08-08, en Rebelión (en español) o 07-08-08 e no nº 466 de A Peneira.
chúzame -
Vieiros
Acabo de ler o brillante artigo que o compañeiro Xoan Carlos Garrido ven de publicar en
"Durante o primeiro bienio tan só foi aprobado o
A apresentación do novo gabinete ministerial de Zapatero encaixa dentro do efectismo mediático que caracteriza ao PSOE dende o efecto ZP. A pompa do cantar de xesta no que se converteu a intervención do recén investido, apenas cos votos das/os deputadas/os do seu partido, presidente do goberno central, da boa conta do empeño propagandístico que puxo para informar dos nomeamentos.
A apertura da sesión de investidura que elixirá ao presidente do goberno central arrancou coa intervención do candidato socialista, Jose Luís Rodríguez Zapatero. O formato da sesión, fai que de entrada esta intervención que abre o debate sexa habitualmente pouco substancial e máis ben difusa.
O resultado do 9M tiña varios elementos que sustentaban a lectura positiva que fixo o Bloque Nacionalista Galego dos mesmos: Primeiro o PP retrocedía en apoios en Galiza e Rajoy perdeu na carreira á Moncloa. Segundo o PSOE non conquería unha maioría absoluta que instalaría inda máis o bipartidismo atroz, e tan pouco democrático, que caracterizou a longuísima campaña electoral, facendo que Zapatero teña que contar co apoio doutras forzas políticas para sacar adiante o seu programa lexislativo para os vindeiros catro anos. En terceiro e último lugar está o feito de que o BNG fose a única forza nacionalista que aguantando o vendabal bipartidista mantivese a súa representación no Congreso on Olaia Fernández Davila e Francisco Jorquera como deputadas/os electas/os.
Tralos resultados das eleccións xerais do pasado mes de marzo, debuxábase a posibilidade dun absurdo parlamentar como sería a existencia dun macro-grupo mixto con 11 deputadas e deputados de 6 forzas políticas diferentes: IU-ICV, ERC, BNG, CC, Na-Bai e UPyD.





















