Presentación do libro sobre “Placeres Castellanos”
setembro 16th, 2008 setembro 16th, 2008 Posted in convocatorias, cultura, memoria históricaNo Comments »
Inda que xa mo comentara a protagonista días atrás, hoxe tiven coñecemento oficial, do acto de presentación do libro "Placeres Castellanos", editado por A Nosa Terra, e do que é autora a compañeira Elsa Quintas Alborés.
O acto terá lugar o vindeiro Xoves 18 de setembro, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, Vigo), a partires das 20:30h, e nel ademais de Elsa falará a Secretaria Xeral de Igualdade, da Xunta de Galiza, Carme Adán.
Lamentabelmente por razóns laborais non poderei asistir á presentación. Xa devezo por ter o libro nas miñas mans, certo de que sendo quen é a autora pagará de seguro moito a pena.
Non podo máis que parabenizar a Elsa por esta a súa opera prima e desexarlle un completo éxito editorial.
chúzame -
O Comité de CC. SS. e da Comunicación dos 





















