'Copiado e pegado' Category

Mário Soares entrevista a Hugo Chávez

agosto 2nd, 2008 agosto 2nd, 2008
Posted in Copiado e pegado, Venezuela, internacional, vídeos
No Comments »

En Vieiros daban conta da entrevista que o ex-presidente da República do Portugal, o socialista Mário Soares, lle fixo no seu programa na RTP, Conversas de Mário Soares, ao Presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez Frías, o pasado 9 de maio.

En Youtube só estaban colgados tres fragmentos da entrevista, doblada ao español pola televisión venezolana.

Por iso, e depois de romperme algo a cabeza, conseguín dar co vídeo orixinal en portugués, o mesmo que se pode ver directamente no sitio web da RTP1,que vos deixo aquí colgado.

O reproductor precisa que teñades instalado o odioso Windows Media Player, e pode que haxa algún momento no que a imaxe vaia con retardo en relación ao son... Se vos da problemas, recoméndovos visionar o documento na web da RTP1.

Sobre os contidos... creo simplemente pode dicirse: mirade o vídeo. Son algo máis de 50 minutos que pagan a pena.

Download link

Chuzame! chúzame -

Arengas do Día da Patria Galega

xullo 30th, 2008 xullo 30th, 2008
Posted in Copiado e pegado, bng, nacionalismo, vídeos
No Comments »

Intervención de Iria Aboi, Secretaria Xeral de Galiza Nova:

Intervención de Anxo Quintana, Portavoz Nacional do BNG e Vicepresidente do Governo Galego:

Chuzame! chúzame -

¿Ficción?

xullo 23rd, 2008 xullo 23rd, 2008
Posted in Caixón de Sastre, Copiado e pegado, idioma
1 Comment »

En Cousas do Iago atopei esta impresionante curtametraxe. Unha excelente fotografía, un estupendo guión e un argumento desos que non deixan a ninguén indiferente.

Imaxinas que na Galiza do 2098 o último galego-falante sexa exposto como peza de museo?

Galicia 2098

Director: Edu Lavandeira

Ficha Técnica: (Fonte: Axencia Audivisual Galega)

Chuzame! chúzame -

Carta aberta ao ministro de Defensa israelí, Ehud Barak

xullo 22nd, 2008 xullo 22nd, 2008
Posted in Copiado e pegado, palestina
No Comments »

Do pai de Abeer Aramin, nena de dez anos que foi asasinada por soldados israelíes cunha bala de caucho diante da súa irmá Areen de once anos.

Bassam Aramin.(*)

Traducido por Carlos Sanchis y revisado por Caty R.(**)
(Tirado de Rebelión)

Honorable general Ehud Barak, usted no me conoce personalmente. Soy un luchador por la paz y trabajo con todas mis fuerzas y capacidad para conseguir una paz justa que traiga calma y prosperidad a palestinos e israelíes juntos. Personalmente, he padecido su criminal ocupación y he pagado un precio muy alto. En primer lugar, me encarcelaron a los 17 años y pasé siete años de mi vida en sus bárbaras prisiones. En segundo lugar, ¿ha leído usted o quizás ha oído hablar de lo que le pasó a Abir Aramin? Esta niña tenía diez años cuando sus soldados la mataron con una bala de caucho a una distancia de unos 5 metros , el 16 de enero de 2007, delante de su hermana Areen, de 11 años. A pesar de eso yo, el padre de Abir -que en paz descanse- creo en el derecho del pueblo israelí, como en el derecho de todos los pueblos, a existir y vivir en paz y seguridad. Por lo tanto, ¿por qué usted no cree en nuestro derecho a disfrutar de las mismas cosas, señor? ¿Dónde estaba el carácter democrático de su Estado cuándo sus valientes soldados asesinaron a mi hija ante los ojos de sus amigos a la entrada de su escuela en Anata? ¿Dónde estaban sus ideales democráticos cuándo archivó el expediente de la investigación sobre el asesinato de Abir por falta de pruebas, a pesar que el crimen está claro y se cometió ante más de diez testigos? ¿Abir era realmente una amenaza para sus soldados, señor?

Aún conservo las armas con las que Abir amenazó a sus soldados. Tengo en mi mano su mochila escolar reforzada y acorazada y, por supuesto, la lapicera que ella cargó con peligrosos cartuchos de minas de grafito; y su libro de matemáticas, en cuya clase tenía un examen el mismo día que, por supuesto, incluía instrucciones detalladas de cómo preparar armas químicas. Además llevaba un sacapuntas que seguramente se podría usar como arma para apuñalar a alguien. Por último, hallé entre sus cosas dos trozos de chocolate que quizás contuvieran un poco de uranio enriquecido que sin duda habría conducido a la devastación de su Estado, si Abir no hubiera cedido a la tentación de tomarlos en la mano para saborearlos segundos antes de que la asesinaran.

Aquí tengo que felicitar a sus soldados por su magnífica habilidad para incapacitar y matar con semejante y mortal precisión. La bala de Abir entró exactamente a un centímetro del hipotálamo, lo que originó un coma inmediato y después la muerte que la llevó ante Dios y le ahorró el dolor y la angustia permanentes que quiero expresar en este documento.

Por lo tanto, señor, Abir Aramin se puede añadir a la lista de grandes éxitos y logros de la seguridad en el nombre del Estado de Israel. Pero yo, como padre de esa niña, señor ministro y general, pido que como mínimo asuma la responsabilidad de ese asesinato y se abra un proceso. Es su obligación llevar al soldado que asesinó a Abir ante un tribunal para que pueda ser juzgado un criminal asesino.

(segue a ler... preme na ligazón de debaixo)

Read the rest of this entry »

Chuzame! chúzame -

Tres artigos fundamentais e unha entrada imprescindíbel.

xullo 21st, 2008 xullo 21st, 2008
Posted in Copiado e pegado, EUA, Galiza, Globalización, análise, capitalismo, economía, internacional, iraque
No Comments »

Hoxe vai de lecturas recomendadas:

Paco Rodríguez analisa no seu artigo "Balanzas fiscais" na súa columna en Xornal, a controversia xerada encol da balanzas apresentadas polo governo español.

Por outra banda un extenso pero moi interesante artigo do Presidente da Rede Voltaire, Thierry Meyssan, publicado en VoltaireNet, baixo o  descriptivo título "Operación Sarkozy. Como a CIA puxo un dos seus axentes na presidencia da República Francesa"explica o entramado que hai tralo controvertido presidente galo.

Para rematar, tirando dun dos meus meios de referenza, Rebelión (no que tamén teño escrito varios artigos), a escritora Naomi Klein fala do actual momento do capitalismo e das verdadeiras causas da invasión do Iraque, no artigo titulado "Capitalismo do desastre: estado de extorsión".

E por último unha entrada no blogue de Ignacio Escolar a cargo de Toño Fraguas, a respecto do candidato do Partido Demócrata dos EUA, no que baixo a ilustrativa cabeceira de "Onde está o progresismo de Obama?" fai unha enumeración de cinco das posicións máis reaccionarias do candidato afroamericano... Por se alguén tiña dúbidas...

Bo proveito.

Chuzame! chúzame -

A chave: máis povo.

xullo 19th, 2008 xullo 19th, 2008
Posted in Copiado e pegado, Galiza, análise, bng, eleccións, estado, governo galego
2 Comments »

Vieiros recolle un artigo no que se inclúen as declaracións do Vicepresidente do Governo Galego, e portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana nunha entrevista concedida a Europa Press.

Quintana fai un repaso dos asuntos máis relevante para o noso páis. O autogoverno, a necesaria bilateralidade, as infraesctructuras, a situación política do estado, o balanzo destos tres anos de governo bipartito, ou as perpectivas eletorais do BNG perante os próximos comicios autonómicos.

Inda así teño que destacar as referenzas que fai o Vicepresidente arredor do proceso de autodeterminación, cando hai unha tormenta ideoloxista que cuestiona o compromiso do BNG cos seus principios esenciais.

"De nada valen programas con moita vistosidade nacionalista se non ha pobo detrás" afirma con contundencia o portavoz nacional do Bloque. Pode que para moitas/os esta afirmación sexa unha obviedade de puro sentido común, pero lamentabelmente é necesario explicitalo.

Reproduzo a continuación un fragmento da noticia de Vieiros:

"Dereito de autodeterminación dinámico e paulatino"
O vicepresidente do Executivo outorgoulle "toda a razón do mundo" aos que opinan que non se materializou o ideal nacionalista na xestión do Goberno. "Non lles podo dicir outra cousa, só faltaría que Galiza negada como nación polos séculos dos séculos se convertese en nación soberana en tres anos, cuns recursos competenciais limitados e recursos financeiros raquíticos". "Tampouco o pretendiamos", afirmou, e matizou: "porque era imposíbel facelo".

En todo caso, avisou de que de "de nada valen programas con moita vistosidade nacionalista se non hai pobo detrás". "O BNG ten que levar un proxecto transformador de acordo con Galiza e non hai proxecto transformador no mundo que non sexa capaz de provocar cambios se non leva pobo detrás", proclamou.

Anxo Quintana centrou o "gran éxito" do BNG en que é "capaz de facer as reivindicacións nacionalistas arrastrando cada vez máis pobo" e defendeu que "non hai tantas diferenzas entre o BNG dos anos oitenta e o de agora", porque o proxecto nacionalista "pasou sempre polo recoñecemento de Galiza como nación e por entender o dereito de autodeterminación dinámico e paulatino para conseguir maiores cotas de autogoberno e maior identificación nacional".
Nada que engadir.


Artigos Relacionados:
"A voltas co debate das ideas" - Xornal (16-07-08).

Chuzame! chúzame -

Zapatero ou o bluff previsíbel.

xullo 18th, 2008 xullo 18th, 2008
Posted in Copiado e pegado, análise, estado
No Comments »

Acabo de ler o brillante artigo que o compañeiro Xoan Carlos Garrido ven de publicar en Vieiros baixo o título "Acabóuselle o leninismo a Zapatero?" e no que fai unha interesante e sesuda análise arredor da involución do actual Presidente do Governo Español, que comparto.

É propio da socialdemocracia proxectar con certa habilidade unha pantalla estética, plagada de intencións, de boas palabras ocas, para encubrir a súa falta de ambición, ou de decisión, transformadora.

O PSOE de ZP é o resultado dunha mistura da mellor mercadotecnia política, esa que deseñara con acerto o gurú publicitario Campmany, e a manipulación falseada en inxenuidade, ou o que algúns chaman erradamente optimismo antropolóxico.

Inda que Zapatero marcou distancias cun pasado marcado polas arroutadas case totalitaristas dun Aznar preso do seu propio ego e desquiciado por un poder que nunca debeu conquistar, coa experiencia da pasada lexislatura e o pobre arranque da presente, podemos concluir que ao malabarista dialéctico do PSOE esgotouselle a maxia dos trucos fáciles.

O creto político que depositamos as persoas nos representantes electos precisa dalgo máis que de estupendas declaracións de intencións, efectistas xestos mediáticos ou un control moi habilidoso do ciclo de noticias. A cidadanía non confía por fé, e iso exixe que haxa unha carga demostrativa detrás do discurso de turno, que é o que fai críbel e coherente. En síntese: queremos feitos.

Zapatero está a demostrar que carece de proxecto máis aló do holograma proxectado, diluido nun discurso fácil e baleiro. Non ten ideas, só esloganes. Non ten proxectos, apenas intencións. Non ten vontade, tan só pose.

ZP podería ser perfectamente a crónica da decepción anunciada, ou mellor: o máis previsíbel dos bluffs.

E o peor é que xa perdeu a frescura da novidade, e francamente resulta mesmo aburrido. E o aburrimento acostuma provocar na xente ganas de alternancia... inda que o cambio sexa a peor...

Chuzame! chúzame -

Nacionalizar para protexer a plusvalía

xullo 14th, 2008 xullo 14th, 2008
Posted in Copiado e pegado, economía
No Comments »

Semella que no actual panorama de crise financiero-económica a nível internacional (que non afecta aos beneficios empresariais), as receitas do sistema xa non agochan nen cun mínimo de disimulo as súas intencións, que obviamente non pasan por protexer ás clases populares.

Mesmo os adalides da mentira do libre mercado non teñen reparos en empregar agora a estructura do estado, e como non os recursos públicos, para protexer aos poderosos.

Nese marco, nos EUA o governo de George W. Bush acaba de nacionalizar as dúas principais entidades hipotecarias do país, Fannie Mae e Freddie Mac. En Roman Paladino: o governo norteamericano gasta sen rubor os cartos provintes basicamente da clase traballadora para protexer os intereses do gran capital.

Nacionalizar para protexer a plusvalía dos especuladores, esa é a consigna, ao tempo que se atreven con total descaro a descartar calquer medida encamiñada a fortalecer as economías da clase traballadora.

Recoméndovos a leitura do artigo de Xosé Mexuto titulado "Socialismo para ricos" publicado hoxe en Xornal.

Chuzame! chúzame -

Declaración Institucional do BNG no Día das Letras Galegas

maio 18th, 2008 maio 18th, 2008
Posted in Copiado e pegado, bng, governo galego, idioma
1 Comment »

"Temos unha lingua secular e unha lingua con futuro"

Chuzame! chúzame -

Iraque: Asasinar a poesía

maio 5th, 2008 maio 5th, 2008
Posted in Copiado e pegado, iraque, non á guerra
No Comments »

Reproduzo a continuación un excelente artigo da compañeira e amiga Silvia Bermúdez Pérez, que fora concelleira do BNG en Vigo no último tramo da lexislatura 2003-2007, que tivera un papel destacado no movemento estudantil participando dos CAF e que se ten distinguido pola súa intensa e activa laboura no campo sindical no seo da Confederación Internsindical Galega.

Acerta Silvia de cheo no fondo do asunto que denuncia nun texto brillante no estético e formal. Porque a revolución exixe sensibilidade. Convídovos asímesmo a que visitedes o seu blogue Galiza Subversiva.

Iraque: Asasinar a poesía

Silvia Bermúdez Pérez (Tirado de: Avantar, 05-05-08)

Xa non hai noites de amor no Iraque. Os EUA impoñen a golpe de marine a “nova orde mundial” caracterizada polo caos máis absoluto. O seu propósito e significado non ten nada de novo: saquear a riqueza dos pobos usurpándolles a súa soberanía.

“de pensamiento es la guerra que se nos libra; ganémosla a fuerza de pensamiento” (José Martí)

Ante a demagoxia, a mentira e as medias verdades, un pouco de historia.

Miles de anos antes de que a invasión ianqui levara, a golpe de marine, a "Civilización" ao Iraque, nesta terra “bárbara” foron escritas as primeiras páxinas da historia universal (Sumer, Asiria, Babilonia).

No terceiro milenio antes de Cristo os primitivos habitantes do actual Iraque, os sumerios, dan os primeiros pasos nas ciencias, deseñan a primeira concepción da creación do universo, do mundo e da humanidade, e deixan, por vez primeira, testimonio escrito de todo aquilo que observaron no primeiro rexistro gráfico do que se ten constancia histórica.

Na terra da “guerra infinita”, das bombas de racimo, do uranio empobrecido; nace a escrita, a roda, o álxebra, a xeometría, os primeiros calendarios, o mito do Diluvio Universal, as observacións astronómicas, a meteoroloxía (estas dúas últimas da man da adiviñación), a realeza…

En lingua sumeria foi escrito o primeiro poema de amor. Escrito en barro, o poema narra o encontro dunha deusa; Inanna, e un pastor; Dumuzi. Conta o poema que Inanna amou esa noite como se fora mortal e Dumuzi foi inmortal mentres durou esa noite .

Este pobo da antigüidade, ao igual que o do presente sufriu múltiples ataques pola súa posición estratéxica, pola abundancia de auga e por ser un territorio de fácil penetración.

Xa non hai noites de amor no Iraque. Os EUA impoñen a golpe de marine a “nova orde mundial” caracterizada polo caos máis absoluto. O seu propósito e significado non ten nada de novo: saquear a riqueza dos pobos usurpándolles a súa soberanía.

Hoxe as fillas e os fillos de Sumer son asasinados en nome do que eles crearon, a “civilización”. Viven nunha terra roubada polo Imperio. Máis de 1 millón de vítimas e 4 millóns de persoas desprazadas… iso si, pola paz e a liberdade (sen comentarios).

Chuzame! chúzame -