Contradiscurso

Trincheira dixital de Xabier P. Igrexas

Menu Close

Category: Comunicación (page 1 of 4)

A empadroarse no blogomillo!

Perdoade a bricandeira do título. A cousa é que o traballo de cartografiarmos o blogomillo avanza inexorábel, co pulo do compromiso de xente como Pedro Silva, Amador Loureiro ou Jon Amil.  E algunhas máis, claro. Os principais avanzos poden verse xa no inoreader creado por Pedro, aquí.

Read more

Primeiro mapa da nova cartografía do blogomillo

Hai un par de semanas fixen un improvisado chamado a cartografíar o blogomillo para o revitalizar, axudando a nos (re)encontrar as diferentes eiras que compoñemos o seu territorio. Manolo Bragado acolleu con agarimo esa proposta, non só asumíndoa senón ofrecéndose xenerosamente a axudar a facela realidade. Foron moitas as que o secundaron, partillando o apuntamento no que a formulei. Moitas cadramos na necesidade da tarefa de indexarmos de novo o blogomillo, pero sen sabermos exactamente de que maneira, nin tampouco quen podería facelo.

Read more

Por unha nova cartografía do blogomillo

O blogomillo é un produto autóctono que agroma tecendo un espazo de noso no medio do océano global da Rede. O termo, acuñado por unha das súas decanas, María Yáñez, servíu para aglutinar unha comunidade blogueira enormemente diversa que ten o idioma propio e común, o galego, como nexo vertebrador.

Read more

‘Sermos Galiza’ xa é

Hoxe constituíse formalmente o grupo de comunicación ‘Sermos Galiza‘. Esta mañá en Compostela tivo lugar a súa primeira Xunta Xeral de Accionistas, na que tiven o gusto de participar. Optouse pola fórmula de sociedade anónima para dar mellor acubillo legal a un proxecto alicerzado nun numeroso accionariado popular, cun gran número de pequenas achegas. Porén, como afirmou Manuel Mera -un dos integrantes do Grupo Promotor que pilotou a xestación do proxecto- ‘Sermos Galiza’ nace como ‘unha verdadeira empresa social, no seu pleno senso’.

Un grupo moi numeroso de persoas ateigaron a sala do Hotel Araguaney facéndoa ficar pequena. Había unha ampla representación de activistas dos movementos sociais, do mundo da cultura e do movemento nacionalista galego. Mais predominaron persoas descoñecidas que puñan en evidencia a base popular do proxecto. Había, e hai, moita fame social de medios de comunicación de noso na nosa lingua. ‘Non agardamos por unha burguesía comprometida, tomamos a iniciativa desde a base’ explicou Teresa Moure.

Read more

Por unha CRTVG pública!

A seguir penduro aquí os 2 fragmentos dun Telexornal Especial elaborado polo colectivo de traballadoras/es da CRTVG en Folga. É preciso aplaudir e apoiar a valentía, fronte as ameazas e as represalias, das e dos profesionais da información en defensa dun servizo público, vital para o noso país e nomeadamente para a nosa fala.

Animovos tamén a seguir ao xornalista e presentador Alfonso Hermida no seu Twitter, por exemplificar o compromiso das e dos traballadores cuns medios de comunicación públicos, plurais e veraces, en Galiza.