O galego, a nosa lingua.
xullo 23rd, 2008 xullo 23rd, 2008 Posted in ciberactivismo, idiomaNo Comments »
Un grupo de persoeiros da cultura apresentaron hoxe un manifesto promovido por A Mesa pola Normalización Lingüística, co que se pretende dar resposta á "inversión da realidade" que sobre o idioma están a facer algúns colectivos dende Madrid.
Contan en Vieiros que na presentación estiveron presentes coñecidos persoeiros de diferentes ámbitos da sociedade galega. Esta iniciativa sumase á acción conxunta da Federación Galeusca, apresentada recentemente.
Reproduzo a continuación o texto completo do manifesto d'A Mesa, ao que por suposto xa me adherín, e aos que vos convido a facer o mesmo:
MANIFESTO A PROL DA CONVIVENCIA LINGÜÍSTICA E DA IGUALDADE DE DEREITOS PARA O GALEGO
As persoas que promovemos esta chamada queremos manifestar, perante as institucións de autogoberno e como aclaración perante a sociedade galega, o seguinte:
1.- O pobo galego ten dereito a que a súa lingua propia (orixinaria) sexa oficial a todos os efectos no seu ámbito territorial. Os usuarios do galego deben desfrutar no seu territorio do mesmo status legal que o castelán ten no seu.
2.- A situación do galego está moi lonxe de ser así. Non desfrutamos de dereitos lingüísticos plenos para desenvolver a nosa vida diaria con normalidade na nosa lingua na nosa terra. Son os falantes do galego os que resultan discriminados. É o galego o que corre perigo como idioma e os galego falantes os que non son debidamente respectados. Vivimos unha grande inxustiza que é a negación da igualdade e da verdadeira convivencia.
3.- Por iso, resulta realmente preocupante que, desde Madrid, con apoio de importantes medios de comunicación, haxa quen pretenda convencer á opinión pública de que o castelán corre perigo de desaparición e que os seus falantes son discriminados no noso país. Esta inversión da realidade ten como obxectivo que os falantes do galego non teñan dereitos lingüísticos e que os únicos deberes para as Administracións públicas se vinculen ao castelán.
4.- O verdadeiro problema non está na cooficialidade de idiomas como o galego, senón na actitude de quen nega a existencia de pobos e linguas diferentes no Estado español. Esta actitude si é a negación da convivencia e da igualdade. O proceso de normalización de usos do galego foi lento e, até hoxe, insuficiente para garantir o dereito a vivir nesta lingua. O que compre é respectar a legalidade vixente (Estatuto e Lei de Normalización Lingüística) e avanzar con cambios legais na dirección da igualdade e da convivencia. Xustamente a dirección contraria á proposta polos que pretenden a imposición do castelán como único idioma con dereitos e deberes para os cidadáns en todo o territorio do Estado.
5.- Correspóndelle ao pobo galego, a través das súas institucións representantivas, definir a política lingüística acorde co criterio de cooficialidade e de lingua propia que mesmo o actual Estatuto recoñece para o noso idioma. Esperamos o compromiso das institucións de autogoberno na defensa da igualdade plena de dereitos para o galego e na aplicación de medidas a favor da normalización dos seus usos. Neste labor contarán sempre co noso apoio.
6.- Alertamos á sociedade galega para non se deixar confundir e instámola a cavilar sobre a verdadeira situación do galego no propio país.
Defendemos un dereito humano elemental que nos define, ademais, como pobo diferenciado. Debemos ser firmes rexeitando todo posicionamento que persiga recortar dereitos ou retroceder no cativo camiño andado tanto nas administracións públicas, como na vida social.
chúzame -
Os asinantes deste manifesto concibimos a rede como unha fonte de información e entretemento, pero tamén de activismo e participación social. Desde a disparidade ideolóxica, relixiosa, racial e sexual únenos o noso compromiso coa igualdade e a diversidade. Por iso, reafirmamos o noso compromiso co respecto e a tolerancia cara os distintos modelos familiares. Os tempos cambiaron e o modelo tradicional de familia convive hoxe con outros tipos, como as familias monoparentais ou homoparentais. Entendemos que esta diversidade enriquece notabelmente a nosa sociedade e, con tristeza, vemos día tras día como algúns sectores conservadores e retrógrados, encabezados polas xerarquías eclesiásticas, tentan impoñer un modelo excluinte de familia tradicional. Por todo iso expresamos:





















