Author Archive

Un grande discurso.

setembro 28th, 2008 setembro 28th, 2008
Posted in Caixón de Sastre
No Comments »

Fragmento de O Grande Dictador - Chaplin

Chuzame! chúzame -

Creado o grupo de apoiantes do BNG en Facebook

setembro 26th, 2008 setembro 26th, 2008
Posted in bng, web 2.0
5 Comments »

Hoxe ven de nacer no seo da rede social Facebook, o grupo de apoiantes do Bloque Nacionalista Galego: Adiante BNG!

O enderezo do grupo é o seguinte: http://www.new.facebook.com/group.php?gid=27312002310

Se tes perfil en Facebook e acreditas no BNG como a forza política que pode e vai transformar o noso país, adhírete ao grupo.

Como pai da criatura hei de recoñecer que o humilde obxectivo desta iniciativa non é outro que o de aproveitar as posibilidades que ofrecen redes sociais como Facebook, para facer visíbel e espallar a presenza do nacionalismo na Rede.

O nacionalismo galego debe deixar de ficar alleo ao que se está a cocer na web 2.0, xa que está a infrautilizar as súas potencialidades como ferramenta política. As mesmas que as forzas políticas sistémicas, PSOE e PP, si están a usar en maior ou menor medida e con diferentes níveis de éxito.

A internet é a multicopista do século XXI, coa vantaxe engadida da interactividade, entre outras.

Chuzame! chúzame -

Nace ContraDiscurso TV

setembro 21st, 2008 setembro 21st, 2008
Posted in CDtv, Sobre o blogue, web 2.0
5 Comments »

Pois iso, que grazas á plataforma World TV, decidín crear a miña propia canle de TV por internet.

ContraDiscurso Televisión nace coa pretensión de complementar con documentos audiovisuais que son do meu interese os contidos deste blogue.

A canle, que ten certas funcionalidades da televisión á carta (pódese ir zapeando sobre os vídeos que estean na grella), servirá como un novo soporte para o contradiscurso facendo visíbel e compartindo contidos que polo seu carácter crítico e antisístemico distan moito do que ofrecen os medios oficiais.

Documentais sobre Venezuela, vídeos do Ché, sobre Salvador Allende, intervencións de Anxo Quintana, curtametraxes... Hai e haberá de todo un pouco.

Tamén, de forma ocasional incluirei videomensaxes propias, convertendo por uns minutos a canle no meu particular videoblogue. Veremos en que queda esa pretensión.

ContraDiscurso TV está aberta ás vosas propostas. Se hai algún vídeo que pensades que sería interesante incorporar, tan só tedes que propolo por correo electrónico a tv@contradiscurso.net

Así mesmo tedes a posibilidade de embebela no voso propio sitio web.

Agardo que este novo proxecto sexa do voso agrado.

Chuzame! chúzame -

Non somos libres…

setembro 19th, 2008 setembro 19th, 2008
Posted in Copiado e pegado, análise
2 Comments »

Ou a liberdade non existe. Non en valor absoluto. Non como concepto enteiro/completo.

De sempre sentinme seducido pola racionalidade do determinismo, dende o freudiano até o biolóxico pasando polo marxista.

Non hai maior falacia que a idea de liberdade que habitualmente os redutos ideolóxicos máis reaccionarios empregan como parapeto.

Todo isto ben a conto, porque ao fío dunha excepcional entrada no blogue de Alberte, o Insua fixo o propio colgando un interesante post no seu blogue no que incluía este brillante fragmento que non puiden evitar citar aquí:

A min dáme moita mágoa descubrir que hai persoas que pensan que somos libres, porque non somos completamente libres. A anticuada noción da liberdade que defende Llosa caeu polo seu propio peso ao longo do século XIX. Marx demostrou que a nosa liberdade está subordinada á nosa clase social. Mendel e Darwin demostraron que a nosa liberdade está subordinada á natureza. Freud demostrou que a nosa liberdade está subordinada á nosa propia irracionalidade. O feminismo demostrou que a nosa liberdade está subordinada ao noso xénero. O nacionalismo (no sentido primixenio, emancipador) demostrou que a nosa liberdade está subordinada á nosa pertenza a unha nación. Somos libres, pero con condicionantes.

Ou como ben dixo Karl Marx:

Ninguén combate a liberdade; como moito combate a liberdade dos demais. A liberdade existiu sempre, pero unhas veces como privilexio dalgún, outras veces como dereito de todos.

Chuzame! chúzame -

Un chisco de autobombo

setembro 19th, 2008 setembro 19th, 2008
Posted in Sobre o blogue
No Comments »

Son dos que ten recoñecido por activa e por pasiva, mesmo dun xeito máis que explícito, que tendo en conta que a vontade dun autor é a de compartir a súa creación co público, o número de visitas pese a falsa modestia que o nega, si que é relevante.

Por suposto que ninguén escribe para bater unha determinada marca no número de visualizacións, pero este é un indicador relevante para as creacións dixitais, do mesmo xeito que a tiraxe de cada edición e o número de edicións son importantes para un/unha escritor/a. Negalo é na maior parte dos casos puro cinismo.

Estou moi satisfeito coa evolución no número de visualizacións deste blogue nos últimos 4 meses, en permanente ascenso, e do feito de que no que levamos de setembro xa superase o maior número de visualizacións dende que abrín esta bitácora, correspondente a abril deste mesmo ano.

Alégrome non por ego, senón porque detrás desas cifras estades cada unha e cada un dos que me adicades un inmerecido chisco do voso tempo lendo o que teño que dicir. Gústame saber que estades ao outro lado.

Non me esquezo tampouco, inda que non teño datos e supoño que seredes moi poucas/os, daquelas/es que me seguides mediante subscrición ao RSS.

Grazas a todas/os. Vós sodes as/os que lle dades sentido a CONTRADISCURSO.

Chuzame! chúzame -

Un Presidente nacionalista: e porque non?

setembro 19th, 2008 setembro 19th, 2008
Posted in bng, governo galego, nacionalismo, web 2.0
No Comments »

O videoblogue de Anxo Quintana ofrecenos desta volta un divertido vídeo no que falan seareiras e seareiros do Deportivo.

A pregunta que fai de leitmotiv é a de se o actual Portavoz Nacional do BNG (e Vicepresidente da Xunta), que polo momento o único pre-candidato que optará a ser candidato do BNG nos vindeiros comicios autonómicos, podería ser Presidente do Goberno Galego.

A resposta que máis me gostou foi a de "Elo... porque non?"

Efectivamente, se algo deixaron claro estos tres anos de goberno bipartito, é que as cousas terían sido ben distintas se a Xunta estivese presidida por un nacionalista.

Chuzame! chúzame -

XX xornadas de verán de Galiza Nova

setembro 18th, 2008 setembro 18th, 2008
Posted in bng, convocatorias, galiza nova
No Comments »

A organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, que neste 2008 cumpre o seu vinte aniversario, organiza como cada ano as súas tradicionais Xornadas de Verán, que se van celebrar na Comarca de Pontevedra, os próximos días 19, 20 e 21 de setembro (esta fin de semana).

As Xornadas de Verán son un evento moi atractivo para toda a xente moza, sexa militante ou non de GN, xa que inclúen charlas, actividades de lecer e deportivas, convivio... nun programa moi completo e ameno.

A cota de inscrición son 15€ que inclúen as comidas, desprazamentos e durmida dos tres días. Para anotarse tan só é preciso enviar un correo electrónico a nacional@galizanova.org

As persoas que inda ficando interesadas non poidades participar de todas as Xornadas, podedes acudir a calquera dos actos de maneira separada.

Animádevos!

+ Información en www.galizanova.org

Chuzame! chúzame -

Arredor da crise…

setembro 17th, 2008 setembro 17th, 2008
Posted in economía
No Comments »

Hai varias semanas, penso que case un mes, que estou a matinar na preparación dun texto, supoño que co formato de artigo, arredor da crise económica que estamos a vivir, e que cada día enche con pouca información e moito morbo abstracto as grellas televisivas, sobre todo de programas pseudo-informativos.

Non é que vaia preparar unha tese, nin un tratado académico, (non estou cualificado para ningún dos dous), pero coido que para abordar en profundidade este tema tan complexo son precisas dúas condicións: rigor e perspectiva.

Rigor para falar con precisión, non no senso de empregar un argot técnico senón para analizar de maneira exacta no conceptual,  as causas e posíbeis solucións para o actual escenario económico, para o que é imprescindíbel manexar datos.

Perspectiva, basicamente temporal para poder ampliar o zoom e facer a foto ampla que require a descrición dun fenómeno tan extenso como é un cambio de ciclo económico, pero tamén perspectiva no senso de enfoque, de ángulo. Obviamente perspectiva de clase, analizando cal é impacto real deste proceso previo a entrada á recesión na maioría social, nas traballadoras e traballadores. Xustamente o ángulo que fica obviado do debate televisado e oficial.

Con todo, non podo negar que con algunha pincelada en entradas anteriores xa teña deixado entrever algunhas das chaves en base as que a analizo o que está a acontecer. En SocioPolitica.es, en tres entradas, tamén fixen pública a miña valoración acerca dos riscos máis coñecidos deste poliédrico asunto.

Polo momento recoméndovos que lle botedes unha ollada a estas ligazóns, que son moi ilustrativas:

E déixovos cunha tira cómica de Vergara, vía Escolar.net, tamén moi descritiva:

Chuzame! chúzame -

Presentación do libro sobre “Placeres Castellanos”

setembro 16th, 2008 setembro 16th, 2008
Posted in convocatorias, cultura, memoria histórica
No Comments »

Inda que xa mo comentara a protagonista días atrás, hoxe tiven coñecemento oficial, do acto de presentación do libro "Placeres Castellanos", editado por A Nosa Terra, e do que é autora a compañeira Elsa Quintas Alborés.

O acto terá lugar o vindeiro Xoves 18 de setembro, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, Vigo), a partires das 20:30h, e nel ademais de Elsa falará a Secretaria Xeral de Igualdade, da Xunta de Galiza, Carme Adán.

Lamentabelmente por razóns laborais non poderei asistir á presentación. Xa devezo por ter o libro nas miñas mans, certo de que sendo quen é a autora pagará de seguro moito a pena.

Non podo máis que parabenizar a Elsa por esta a súa opera prima e desexarlle un completo éxito editorial.

Chuzame! chúzame -

Demostrar, explicando os feitos.

setembro 16th, 2008 setembro 16th, 2008
Posted in Galiza, bng
No Comments »

Unha das poucas cousas que non se pode facer en campaña electoral, polo barullo ao que fican sometidas, e pola voráxine mediática que dita o timing, é explicar polo miúdo, con sosego e claridade, o traballo feito por cada unha das forzas políticas, destacadamente as que asumiron tarefas de goberno, pero tamén as que tiñan o cometido de facer oposición.

O repto que teñen/temos as forzas políticas perante a cidadanía nun proceso preelectoral é o de convencela. E convencer, convencese demostrando o feito, facendo visíbeis os cambios producidos, poñendo enriba da mesa, inda que sexa nunha síntese excesivamente simple, o traballo que se desenvolveu nestes últimos anos.

Unha das seccións máis interesantes do videoblogue de Anxo Quintana, a Quin TV, é a titulada "Transformando Galiza" na que se van ir presentando, en diferentes vídeos, os eixos das políticas impulsadas polo Bloque Nacionalista Galego, nas áreas que dirixe na Xunta de Galiza.

Dende logo o BNG pode ter cometido erros, ou incorrer en insuficiencias, na súa acción de goberno, pero o que ninguén pode reprochar é que non teña feito política de país ao servizo da maioría social, isto é, da clase traballadora.

Déixovos dous vídeos onde se explican dúas iniciativas moi importantes como son o Plano Sectorial de Solo Residencial, impulsado por Vivenda, e o revolucionario Banco de Terras, de Medio Rural.

Chuzame! chúzame -