Contradiscurso

Trincheira dixital de Xabier P. Igrexas

Menu Close

Primeiro mapa da nova cartografía do blogomillo

Hai un par de semanas fixen un improvisado chamado a cartografíar o blogomillo para o revitalizar, axudando a nos (re)encontrar as diferentes eiras que compoñemos o seu territorio. Manolo Bragado acolleu con agarimo esa proposta, non só asumíndoa senón ofrecéndose xenerosamente a axudar a facela realidade. Foron moitas as que o secundaron, partillando o apuntamento no que a formulei. Moitas cadramos na necesidade da tarefa de indexarmos de novo o blogomillo, pero sen sabermos exactamente de que maneira, nin tampouco quen podería facelo.

O pasado día 9, Pedro Silva (o corazón de Blogaliza, a quen tanto lle debe o blogomillo) daba o primeiro paso publicando un bosquexo de “mapa no deserto”. Unha recompilación de blogues en galego, incompleta pero indispensábel, incluíndo as bitáculas máis visitadas de Blogaliza e tamén aquelas que xa foran indexadas polo twitter @blogsdopais. Un traballo que resultou nun ficheiro OPML, co que calquera puidermos importar esa relación de 72  blogues ao noso lector de feeds. Pode descargarse desde aquí.

Un inxente traballo que lle agradezo inmenso e que con certeza é a primeira pedra para a reactivación/reinvención do blogomillo. Ao seu esforzo quixen engadir un pequeno grao de area propio, consistente en converter esta primeira versión do directorio nunha listaxe de URL (dispoñíbel ao remate desta entrada). Fágoo a sabendas de que non todo o mundo emprega lectores de feeds (inda que poida resultar incríbel) e tamén para facilitar a súa difusión. Neste senso, lanzo desde aquí a proposta de que todos os blogues recollidos publiquemos este “primeiro padrón de habitantes do blogomillo” nas nosas bitáculas, nunha caste de meta-blogroll colaborativo.

Aliás, fago miñas as propostas que suxeriu Bragado: a creación dun novo servizo de sindicación dos contidos de todos os blogs; a realización dunha quedada ou encontro anual arredor do blogueo en galego ou a creación duns premios anuais que axudasen a visibilizar a súa diversidade e a pór en valor a súa excelencia.

Para que esas e outras ideas teñan opcións reais de se facer realidade (neste 2016?) propoño poñermos en marcha como primeiro espazo de encontro (aberto a todas as blogueiras que quixeren colaborar) unha lista de correo do blogomillo [anímaste a creala Pedro Silva?].

Primeiro padrón de habitantes do Blogomillo

  1. Axenda cultural AELG http://axendaaelg.blogaliza.org
  2. A profa http://aprofa.blogspot.com
  3. A Biblioteca de Fillos de Galicia http://abibliotecadefillos.blogaliza.org
  4. A canción do náufrago http://franciscocastro.blogaliza.org
  5. A dous kilometros http://adouskilometros.blogaliza.org
  6. A noite branca http://fernandeznaval.blogaliza.org
  7. A.N.P.A. Brigantium http://anpabrigantium.blogaliza.org
  8. Aí vai Nebra!!! http://nebra.blogaliza.org
  9. As crebas http://crebas.blogaliza.org
  10. As escollas electivas http://asescollaselectivas.blogaliza.org
  11. Aula de Carmela http://carmelagarcia.blogaliza.org
  12. Aula de Lingua http://auladelingua.blogaliza.org
  13. Aula de Literatura http://auladeliteratura.blogaliza.org
  14. Blog da biblioteca http://etikeles.blogaliza.org
  15. Brétemas http://bretemas.gal
  16. Caderno da crítica https://cadernodacritica.wordpress.com
  17. Caderno da crítica http://cadernodacritica.blogaliza.org
  18. Canto Ghalpón http://cantoghalpon.gal
  19. Capítulo 0 http://www.manuelgago.org/blog
  20. Carta Xeométrica http://cartaxeometrica.blogspot.com
  21. Chove en ningures http://ningures.blogaliza.org
  22. Ciber Andainas http://ciberandainas.blogaliza.org
  23. Cineclube de Compostela http://cineclubedecompostela.blogaliza.org
  24. Contradiscurso http://contradiscurso.blogaliza.org
  25. Criticalia http://armandorequeixo.blogaliza.org
  26. Cultura e Ocio http://culturaeocio.blogaliza.org
  27. Curdistam http://curdistam.blogaliza.org
  28. De baleas http://debaleas.blogaliza.org
  29. Dedoscomovermes http://dedoscomovermes.blogaliza.org
  30. Eira da Xoana (Adega) http://eiradaxoana.blogaliza.org
  31. Escola de Randufe http://ceiprandufe.blogaliza.org
  32. Ferradura en tránsito http://xmeyre.blogaliza.org
  33. GCiencia http://www.gciencia.com
  34. Hooligans fendetestas http://hooligansfendetestas.blogaliza.org
  35. Lapsus distribuidora http://lapsusdistribuidora.blogaliza.org
  36. Lingua e Literatura http://linguaeliteraturabacharelato.blogaliza.org
  37. Mallando no Android http://mallandonoandroid.gal
  38. Meis http://meis.blogaliza.org
  39. Mercedes Queixas http://mercedesqueixas.blogaliza.org
  40. Metrópoles Delirantes – Cómic http://www.metropolesdelirantes.com
  41. Mirando polo noso http://xoanantonperezlema.blogaliza.org
  42. Monte do Cachelan http://montedocachelan.blogaliza.org
  43. Nigra Mors http://nigramors.blogaliza.org
  44. Novenoites http://novenoites.blogaliza.org
  45. O blogue de Manuel Mera http://manuelmera.blogaliza.org
  46. O blogue do Carlos Callón http://www.carloscallon.com
  47. O burato do Tesouro http://oburatodotesouro.blogaliza.org
  48. O Espiño Dixital http://oespinhodixital.blogaliza.org
  49. O fervedoiro http://ofervedoiro.blogaliza.org
  50. O traveseiro http://otraveseiro.blogaliza.org
  51. O viticologo dos bagos http://viticulturista.blogaliza.org
  52. Olimpiadas Populares Galegas http://olimpiadaspopularesgalegas.blogaliza.org
  53. Organización Galega de Comunidades de Montes http://orgaccmm.blogaliza.org
  54. Os Irmandiños de Vincios http://osirmandinhos.blogaliza.org
  55. Pensamento Livre http://pakolas.blogaliza.org
  56. Planetatreszetas http://planetatreszetas.blogaliza.org
  57. Portal Galego da Língua http://pgl.gal
  58. Premio Pérez Parallé http://premioperezparalle.blogaliza.org
  59. Primeiro andar http://primeiroandar.blogaliza.org
  60. Proxecto Buserana http://proxectobuserana.blogaliza.org
  61. Qadriños http://qadrinhos.prazapublica.com
  62. Sala do perello http://saladoperello.blogaliza.org
  63. Surf Galicia http://www.surfgz.com
  64. Suso de Toro http://susodetoro.blogaliza.org
  65. Tempos Galegos http://temposgalegos.com
  66. Tirar do fío http://helenavillarjaneiro.blogaliza.org
  67. Toponimia de Vigo http://toponimiavigo.blogaliza.org
  68. Trabalingua http://trabalingua.blogaliza.org
  69. Un ollo de vidro http://unollodevidro.blogspot.com
  70. Vigo a 80 revolucións por minuto http://vigo80rpm.blogaliza.org
  71. Xavier Alcalá http://xavieralcala.blogaliza.org
  72. Xunto á xunqueira http://pontevedranorte.blogaliza.org