Auga para tres meses

Parece que o suministro de auga está garantido para os vindeiros tres meses malia estarmos no febreiro máis seco dos últimos anos.

Porén, o debate social xenerado por mor da previsión de escaseza e propostas descabelladas, como o trasvase que pretendía Caballero no Río Verdugo, inda non se resolveu.

O problema da auga segue aí. As principais cuestións que o envolven fican sen resolver. Faise máis urxente ca nunca abordar a racionalización no consumo doméstico, municipal e industrial.

É ineludíbel tamén pular por unha modificación do sistema de tarificación precisamente naliña de favorecer o consumo sostíbel, e que non penalice inxustamente á maioría social para beneficio dunha concesionaria privada.

Debemos facelo con axilidade, sen agardar ao momento no que da billa non poida saír auga…

Artigo publicado en 20 Minutos – Ed. Vigo ( Páx. 2) o 02/03/2012

Chuzame! A Facebook A Twitter

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>