Fartas/os deste saqueo

As rúas de Vigo, como outros moitos lugares de Galiza e do Estado, levan moitos meses sendo un fervedoiro. A cidade olívica ruxiu con importantes, e nalgún caso masivas, mobilizacións en contra dos efectos sociais da crise do capitalismo neoliberal.

As exitosas folgas xerais do 29 de setembro de 2010 e do 27 de xaneiro en 2011, as sucesivas manifestacións e actos de protesta en defensa dos sectores produtivos da comarca –naval, automoción…– e contra o desemprego, ou as mobilizacións do pasado domingo –nas que se clamou pola folga xeral– constatan o clima de combatividade social que latexa entre a xente, farta de tanto saqueo.

Non é para menos. Á grave situación económica, social e laboral, os gobernos centrais de PSOE e PP engadiron senllas contrarreformas que insisten en profundar na perda de dereitos sociais, no empobrecemento dos salarios e na precarización das condicións de traballo. A resposta da Xunta de Galicia de Núñez Feijóo contra todo iso é a pura inacción.

Os datos volven evidenciar unha freada no consumo dos fogares, que caeu case un 6 por cento desde 2008. Máis unha proba concreta do efecto do empobrecemento salarial é a apropiación de cada vez máis riqueza polo capital. Os fogares galegos nos últimos 4 anos gastaron un 18,4 por cento menos en menciñas e un 12,3 por cento menos en alimentos. Non é aforro, senón un síntoma da xa desesperante situación social, con fogares que sistematicamente non chegan a fin de mes.

A este paso van condenar as e os traballadores á fame para que nos sexa doado seguir a apertar o cinto ata a asfixia.

Artigo publicado en De Luns a Venres (páx. 5) o 23/02/2012.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>