Folga xeral indispensábel

A situación de desemprego na nosa comarca, con 70.000 paradas/os, e o continuado desmantelamento de importantes sectores produtivos, como a construción naval, debuxan un escenario de emerxencia.

Situación que ven de ser agravada polo acordo de CC OO e UGT coa patronal, que recunca na perda de dereitos, e cunha nova reforma laboral que por decreto precariza até o extremo as condicións laborais.

Insistir en reducir o poder adquisitivo da clase traballadora, empobrecendo os salarios e facilitando o despedimento, reducirá inda máis o consumo e afondará o colapso produtivo, xerando unha espiral de desemprego.

É necesaria unha resposta firme e contundente. É indispensábel parar os centros de traballo e tomar as rúas cunha Folga Xeral, para enviar unha mensaxe clara: ¡basta de saqueo!

Artigo publicado en 20 minutos – Ed. Vigo (Páx. 2) o 17/02/2012.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>