Por mor de diferentes motivos, algúns estritamente en chave persoal, o blogue ficou parado desde practicamente o mes de outubro do pasado ano.
Porén, ao longo desta pausa trimestral da bitácula elaborei unha importante cantidade de contidos que hei de ir adicionando aos poucos, xa que son case unha vintena os textos pendentes na cola de actualizacións. Mentres, tentarei recuperar un certo ritmo de publicación, xa non só dos meus artigos e columnas nos media, senón tamén de contidos específicos para o blogue.
O dito pois, vémonos por aquí. Apertas.