A crise, o sistema, a soberanía. Si existen alternativas!

A CIG, coa colaboración da Fundación Moncho Reboiras, ven de presentar un video-documental no que repasa o actual proceso de reorganización do capitalismo, baixo a coartada da “crise” económica. Aborda tamén  as nefastas consecuencias que está a ter para a clase traballadora en todo o mundo e as alternativas posíbeis, que pasan por un modelo económico onde traballadoras e traballadores teñamos o poder real.

Recolle, así mesmo, a dupla dimensión da crise sistémica, que reviste un carácter de clase mais tamén territorial, agravando a situación no caso das nacións sen soberanía política como é Galiza. Finalmente, formula a necesidade de acumularmos forzas xunto á esquerda nacionalista para facer fronte ao contexto actual.

Ao cabo unha peza de menos de 30 minutos de duración ben ilustrativa para comprender mellor o alcance da vixente crise sistémica e das alternativas existentes.