Veño de desempolvar o meu (outro) blogue “Desde o barrio”, no que falo do que sucede na cidade desde a perspectiva que me dá ser parte do movemento veciñal, cunha entrada na que fago unha sucinta valoración deste primeiro ano ao fronte da Federación Veciñal. Deixo aquí un fragmento:

Xa pasou pouco máis dun ano desde que no seo da Federación Veciñal se promovera un relevo democrático na súa dirección, da que teño a honra e a responsabilidade de facer parte.

Foi un ano intenso, cunha inxente carga de traballo, con infinidade de retos e situacións complexas ás que desde a Comisión Permanente fixemos fronte poñendo o mellor de nós mesmos. Certo é que esta primeira xeira na dirección da FAVEC estivo chea de dificultades, dado que a federación partía dunha situación económica, organizativa e de funcionamento inda peor da que denunciabamos ao promover o proceso de cambio que resultaría co cesamento da anterior directiva.

Continúa a ler a entrada completa en “Desde o barrio”