Vídeos coa miña intervención nas III Xeiras.

(De non cargar á primeira recarca a páxina completa F5)

Os pasado 9,10 e 11 de febreiro os Comités da Universidade de Vigo organizaron a III edición das “Xeiras sobre a lingua galega”, cun excelente programa no que abordaron a cuestión idiomática desde diferentes enfoques, desde o eido cultural até o comercial pasando polo deporte. Os Comités brindaronme a oportunidade de palestrar nas xeiras dentro do bloque “O galego nos movementos sociais”, en calidade de Secretario da Federación Veciñal de Vigo e xunto a Cruz Matínez -que representaba a Federación Galiza Cultura-, feito polo que fico tremendamente agradecido, xa que me permitiu expor algunhas reflexións e compartilas cun público ben interesante e do que percibín unha elevada receptividade e simpatía para con a causa do noso idioma.

Ademais do vídeo da miña intervención que encabeza esta entrada convídovos encarecidamente a que visionedes o seguinte vídeo, que presento no interior, no que se recolle integramente a Rolda de Preguntas que seguiu ás dúas intervencións iniciais e que foi tremendamente ricaz e construtiva, abondando en aspectos moi importantes en relación á situación do noso idioma na cidade de Vigo desde a óptica de quen facemos parte dos movementos sociais.

Rolda de preguntas

Podedes tamén acceder ao respositorio de vídeos no que se recolle a totalidade das palestras desenvolvidas no marco das III Xeiras desde aquí.