Xabier Pérez Igrexasfeb 18, 2010Artigos e columnas, Comunicación, Nacionalismo galegoPor o en | 0 comentarios

Lembro que un dos primeiros artigos que publiquei en prensa, senón mesmamente o primeiro, titularao "Política é convencer". Naquel texto breve que viu a luz no quincenario A Peneira, que acaba de cumprir 500 exemplares ao servizo do país, reflexionaba a respecto do papel central que ten a conciencia no proceso político, e de que polo tanto, convencer para sumar debía ser a máxima de todo proxecto con aspiración de ser hexemónico socialmente.
Tirando algo máis do fío desa aseveración, se cadra excesivamente simple mais acaída, un conclúe que a comunicación é en consecuencia un ámbito central do traballo político. A batalla das ideas, indispensábel para crear conciencia e acumular forzas na construción dunha maioría social, dáse en boa medida coas ferramentas comunicativas das que dispoñamos.
Xabier Pérez Igrexasfeb 2, 2010Servizos públicosPor o en | 1 Comentario

Quen cualifica o actual goberno da Xunta de Galiza de empresa de demolición, dende logo non esaxera o máis mínimo. A ausencia de impulso político, de iniciativas, a patente falta de respostas e solucións ás principais problemáticas que está a sufrir o noso país é a principal característica do executivo presidido por un Núñez Feijóo, máis preocupado por gañar o favor e a graza da dereita española que de exercer as súas responsabilidades de goberno.
Hai infinidade de exemplos desta acción destrutora, que nada achega a favor do benestar do noso pobo. Porén, a clara tentativa de desmantelar os servizos sociais básicos, primeiro a través da súa privatización, é probabelmente un dos máis dramáticos. O Consorcio Galego do Benestar, que foi sen dúbida un dos maiores avanzos conseguidos durante o Goberno bipartito, e un mérito específico da ala nacionalista daquel goberno, é un dos principais obxectivos da acción demoledora do PP. Por que? Polo simple feito, non menor, de que representa a elevación a dereito fundamental o acceso a servizos sociais tan elementais para o noso país, como as galescolas hoxe convertidas en galiñeiros españolistas, os centros de día ou as oficinas I+B.