Arquivo para decembro, 2009

¡Julio Gayoso, patriota galego! »

fotoabelgayoso

A exclamación coa que decidín titular este artigo é o único que lle faltaba a outro texto publicado no día de hoxe (29-12-2009) en Xornal de Galicia, asinado por Antón Reixa, para culminar a redondez do absurdo da súa argumentación. Permitídeme esa licenza de humor, a cousa merécea.

A relevancia, mesmo estratéxica, que teñen as caixas de aforro galegas para o noso país fica demostrada no intenso debate, non exento de tensións e saídas de pata de banco, que está a ter lugar encol do seu futuro próximo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O inimigo é o capitalismo. »

Vía LibreRed accedín ao vídeo que vos deixo a continuación. Nel o veterano de guerra, ex-combatente do exército dos EUA, Mike Prysner, fai unha intensa intervención criticando a invasión imperialista do Iraque, a partires da súa testemuña como parte implicada no conflito. A súa vibrante locución ten fragmentos de importante valor como no que sinala que "xente traballadora e pobre deste país -polos EUA- é enviada para matar a xente traballadora e pobre doutro país, para converter aos ricos en inda máis ricos. Sen o racismo, os soldados decataríanse que teñen moito máis en común co pobo iraquí do que teñen en común cos billonarios que os envían a guerra" e no que denuncia con claridade que "o inimigo é un sistema que declara a guerra cando é rendábel".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Represión anticomunista, o capital reaxe. »

communist_motto_dog_tag_pendant

O sistema, vítima da súa incapacidade para facer fronte a esta grave crise, nunha situación de colapso de facto, quere impedir por todos os medios que as maiorías sociais aproveiten o espazo de oportunidade desta conxuntura para alterar a vixente correlación de forzas que as somete. A represión intensificase e esténdense, coa mesma forza coa que agroman nas diferentes latitudes do mundo expresións firmes en favor dun cambio de sistema. Os sucesos en Copenhague son apenas o exemplo máis notorio e televisivo, dunha realidade que se sucede de xeito cotiá nos centros de traballo, nas vilas e cidades, tanto da periferia coma do centro do sistema.

Imperialismo

O imperialismo volve sacar garra belicista. Sabedores de que a súa potencia radica na capacidade militar -xa que logo na capacidade de matar e destruír-, as potencias imperialistas, nomeadamente os EUA, baixo a carauta amábel de Obama (quen se está a demostrar continuamente como unha contradición programada e funcional ao propio sistema, e non como un síntoma da máis mínima esperanza), está a engraxar a súa maquinaria de guerra.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Nadal. »

Natal é em Dezembro
Mas em Maio pode ser
Natal é em Setembro
É quando um homem quiser
Natal é quando nasce
uma vida a amanhecer
Natal é sempre o fruto
que há no ventre da Mulher


Ary dos Santos
(in Quando um Homem quiser)

(Vía)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

En defensa dunha rede libre. »

Desta volta, e a diferenza doutro, si me adhiro a este manifesto en defensa dunha rede libre no marco dunha cultura libre, promovido por intelectuais, autores e xuristas a nivel estatal. Se coma min, acreditades nel, difundide o seu contido nos vosos blogues/redes sociais... Este é o texto, traducido ao galego:

Manifesto: En defensa dunha rede libre.

O recente “Manifesto en defensa dos dereitos fundamentais en Internet” foi subscrito por multitude de administradores de webs, bloggers e simples usuarios da Rede dun moi amplo abanico político. Revisando o escrito e dito sobre este manifesto, atopamos que temos algúns compañeiros “de viaxe” realmente incómodos. Xunto a quen apoian con sinceridade a libre difusión da cultura en Internet, un grupo de asinantes subscríbeo só para oporse ao goberno de Zapatero desde a dereita máis montaraz. Entre eles atopamos a xornalistas que defenden a libre descarga de películas ou música desde Internet pero son celosos gardiáns doutras formas moito máis inxustas e colonialistas de propiedade privada.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O éxito de Aminetou. »

AMINETU HAIDAR 2

É innegábel que o feito de que a activista saharauí Aminetou Haidar estea de volta no seu país, após ter dobrado a autocracia marroquí, é un éxito. Un éxito en primeiro lugar da propia Aminetou, que non esquezamos puxo en xogo a súa propia vida a través dunha folga de fame. Un éxito para a causa que representa, a do Sáhara oprimido por Marrocos coa complicidade internacional. Pero tamén un éxito para o internacionalismo que encarnaron todas as persoas que se implicaron en premer na mesma dirección. Falo de asociacións como Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, cunha permanente e continuada actividade reivindicativa, pero tamén das mostras isoladas, voluntaristas ou espontáneas que xurdiron estas semanas en todas as coordenadas do mundo. Aminetou deixou durante un breve lapso de tempo de berrar -coma o seu pobo- ante un impasíbel e cínico silencio xordo.

Porén os éxitos non significan sempre vitoria. A cuestión do Sáhara occidental, o dereito negado á libre autodeterminación, segue pendente de resolución. É certo que o heroico exercicio de compromiso de Aminetou conseguiu cando menos poñer en negro sobre branco a súa causa. Porén non é menor o risco de que esta luz languideza, cando paseniñamente vaia sendo expulsada do ciclo de noticias co que os grandes media fixan o que é ou non de actualidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sons para o Contradiscurso (XII) »

Hoxe -pese á gripe- foi día dun redescubrimento, o da xenial Sarah McLachlan (vía MiMesaCojea), e dun descubrimento casual, o da català María del Mar Bonet que inexplicabelmente non coñecía (feito que resultou imperdoábel para o meu titor musical).

A respecto da primeira, non deixa de sorprenderme que boa parte da música que me apasiona ten orixe ou ligazóns no Canadá... Un sinal máis de que a próxima vez que salte o charco hei de visitar, ademais de Latinoamérica, o norde continental.

Déixovos con cadansúas cancións:

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A mocidade galega pasa? »

1256194148_qIV4

Avaliar o grao de politización, ou de implicación política se se prefire, da mocidade é sempre unha tarefa e un debate ben complexos. En primeiro lugar porque é necesario precisar a través de que mecanismos, canles e estruturas sociais un pode participar politicamente. Nese senso abordar o debate, dende o reduccionismo de que só participa da política a mocidade que fique afiliada a algunha organización partidaria e especificamente política, é un erro de calado que acostuma desenfocar a análise.

Esta cuestión entronca de cheo coa conceptualización que fagamos do que é a política, e de que abranguen os diferentes espazos socio-políticos. O certo é que non existe a día de hoxe un consenso, nin político, nin social nin técnico, a respecto dos indicadores que sirvan para medir a implicación política, social ou socio-política da mocidade. Particularmente, e fronte esta situación, eu son dos que defende unha concepción ampla, extensiva e inclusiva da política.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Galiza Nova de Vigo solidarízase cos traballadores despedidos de TERMAVI. »

termavi

Déixovos aquí o texto da nota de prensa remitida hoxe por parte de GN de Vigo a respecto da folga da empresa Termavi:

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova de Vigo quere expresar a súa completa solidariedade cos traballadores da empresa TERMAVI, que estes días iniciaron un proceso mobilizador por mor do despedimento arbitrario de 9 compañeiros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google