Ché. »
Xabier Pérez Igrexasout 9, 2009Comunismo, Historia, InternacionalPor o en | 0 comentarios
Hai 42 anos, Ernesto Guevara de la Serna, que pasaría a ser lembrado pola Historia coma o Ché Guevara, era asasinado vilmente polos rangers bolivianos, adestrados e financiados polos EUA, na selva daquel país, após un cruento e dificil combate desigual (os rangers quintuplicaban o número de guerrilleiros).
Mataron ao combatente, ao revolucionario, máis non mataron a revolución. Hoxe o país que o asasinou está presidido por primeira vez na súa historia por un indixena, cun goberno que está a sentar as bases da construción do socialismo en Bolivia. Mataron ao soldado, máis non foron quen de facer desaparecer o seu brillante pensamento político. Eliminaron a un dos referentes da revolución cubana para convertelo en mártir e en mito do conxunto da humanidade.
















