(mode persoal)

Onte fixen os meus primeiros 25 anos; o de primeiros é un síntoma de optimismo biolóxico. Non acostumo darlle especial relevancia ao día do meu nacemento, fundamentalmente porque foi un acto deliberadamente involuntario e inconsciente, e case resultado da casualidade que xogou aos dados sobre o calendario. Porén este ano, recibín moitísimas felicitacións (demostrandose así que o web 2.0 se sirve para algo é para producir un aumento exponencial de parabéns electrónicos xDDD). Moitas/os optaron polo facebook, algúns polo tuenti, e non me fallou a xente coa que lareto a diario. Os menos escolleron o xa tradicional SMS, e practicamente ninguén chamou.

A cuestión é que non sei porque, nun determinado momento do día de onte viume á cabeza unha canción que anos atrás me apasionara, até conseguir raiar o cd-rom no que estaba incluída, pero que apenas escoito agora. Non ma quitei da cabeza en todo o día e parte da noite, e penso que compartila con vós, dende este recuncho, saltándome a regra de non falar de min nel, é un bo xeito de agradecervos o agarimo que me expresachedes.

Para vós.

(/mode persoal)

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/jVoJg5BmyLY" width="425" height="350" wmode="transparent" /]