Concentración en Vigo contra o masacre israelí
Gaza: Deteñamos o exterminio do pobo palestino!
Venres 2 de xaneiro, ás 20:00h, diante do MARCO (R/ do Príncipe)
Fronte aos bombardeos cos que o exercito de Israel provocou, polo momento, a morte de 360 palestinos e máis de 1600 feridos, así como a destrución de infraestruturas civís, e coa ameaza presente dunha invasión militar terrestre do territorio palestino de Gaza, diversas organizacións sociais, sindicais, políticas, estudantís, veciñais, feministas e ecoloxistas CONVOCAMOS a toda a cidadanía de Vigo e bisbarra a unha concentración fronte ao MARCO, o vindeiro venres 2 de xaneiro a partires das 20h.
Para esixir a fin inmediata deste masacre coa que Israel tan só pretende o exterminio do pobo palestino, así como para reclamar o cumprimento das resolucións emitidas polas Nacións Unidas a respecto da cuestión palestina.
Solicitamos así mesmo sancións internacionais contra do estado de Israel, polo seu reiterado incumprimento dos mandatos da ONU, e tendo en conta que os bombardeos contra obxectivos civís, están tipificados como crimes de guerra pola IV Convención de Xenebra.
CONVOCAN:
-Asociación Galiza por Palestina.
-Galiza Nova
-Comités (CAE+CAF)
-Confederación Intersindical Galega (CIG)
-Bloque Nacionalista Galego (BNG)
-Marcha Mundial das Mulleres
-Federación de Asociación Veciñais “Eduardo Chao”
-Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
-Movemento polos Dereitos Civís (MpDC)
-Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.