Servizos Sociais: dereito por lei.

Un dos maiores empeños do BNG de sempre, e que se ten concretizado en numerosas medidas levadas a termo dende Vicepresidencia, ten sido o de rachar coa visión asistencialista que converte aos servizos sociais nunha caste de acción caritativa da administración pública, para situalos onde deben estar: no lugar que ocupan outros dereitos irrenunciábeis como a sanidade, o ensino, o traballo digno ou a vivenda.

Cando se produce un cambio político tan significativo como o resultante da derrota de Fraga e a entrada do nacionalismo no goberno galego, un dos maiores reptos é o de asegurar que todos os pasos que se dean se desprendan de calquer viso de temporalidade. Os avanzos deben consolidarse como pasos sobre os que ninguén poida desandar. Nese senso, a axenda lexislativa do goberno, os proxectos de lei, son a principal ferramenta.

O proxecto de lei de Servizos Sociais que se está a debater no Parlamento Galego, sintetízase nun concepto tan revolucionario como o de proclamar o dereito universal de acceso aos servizos sociais, protexido e amparado nun marco normativo e instrumental.

Coa aprobación dese proxecto de lei, as/os galegas/os saberemos que temos dereito por lei a uns servizos fundamentais para construír unha sociedade máis equitativa e xusta. Xa non será a esmola asistencialista do pasado, senón un dereito con rango de lei.

A achega do Partido Popular a este proxecto demostra cal é o seu verdadeiro interese nesta cuestión. O único que fixo foi propor unha emenda á totalidade pedindo a devolución do proxecto. Emenda que foi rexeitada.

Chuzame! chúzame -

Leave a Comment

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>