outubro, 2008

Mutatis mutandis…

outubro 31st, 2008 outubro 31st, 2008
Posted in análise
2 Comments »

Non son dos que acredita no mimetismo, menos inda cando este se produce cando se presentan referenzas no político.  Para min é só un reflexo do infantilismo e do reduccionismo dialéctico que constrinxe a reflexión política e as formulacións programáticas que deben emanar desta.

Cando un emprega paralelismos corre o risco de caer na banda mimética, e polo tanto de incorrer en formulacións erradas no analítico.

Hai que ter pois, ter moi presente como un elemento crucial a contextualización dos feitos e das ideas, a nível histórico, xeográfico, social... para fundamentar axeitadamente as análises.

Jesús Manuel Silva, abogado e dirixente comunista, ademais de blogueiro, ten publicado recentemente un artigo en Aporrea, no que baixo o título "¿Unidade política ou idealismo revolucionario", ao meu parecer, incide nalgunhas cuestións que son de plena actualidade, achegando chaves analíticas que mutatis mutandis se poderían aplicar aquí, no actual momento político.

Di Silva:

"(...) El personalismo, la inmodestia, el sectarismo, la intolerancia, la incomunicación y la mezquindad frecuentemente han prevalecido por encima de nuestros postulados ideológicos y el interés revolucionario; trátase de antivalores heredados de una sociedad burguesa que ha contaminado la conciencia y la praxis de los más reputados colectivos revolucionarios y sentenciado su fragmentación. En innumerables ocasiones he apreciado a nuestros propios camaradas favorecer al enemigo de clase como producto de absurdas guerras fratricidas. (..)"

Para concluír rotundamente afirmando:

"Hastiados de ver perdidas tantas oportunidades revolucionarias para avanzar e incontables posibilidades de consolidarnos como sólido bloque revolucionario para construir el socialismo, hemos optado por asumir una militancia revolucionaria comprometida con las bases populares abiertamente divorciada de las "aristocracias de izquierda", las corrientes fraccionalistas y el culto a la personalidad. Ni nos identificamos ni permitiremos que nos identifiquen como fichas de ningún grupo, fracción o caudillo, pues nuestra real identidad emanará siempre de nuestra praxis. Al servicio de la unidad política, pagaremos el precio que sea a riesgo de que se nos acuse de profesar el idealismo. Enfrentados contra la difamación de quienes dicen militar en nuestra misma filosofía científica, ratificamos nuestro compromiso indeclinable con nuestro origen marxista leninista y en ese marco histórico reiteramos nuestra voluntad intransigente luchar para sumar y no restar."

Chuzame! chúzame -

A crise que a pague o capital!

outubro 30th, 2008 outubro 30th, 2008
Posted in convocatorias, economía
1 Comment »

A Confederación Intersindical Galega (CIG), ven de convocar para o vindeiro 13 de novembro mobilizacións baixo o lema "Por un novo model económico e social, a crise que a pague o capital", que ten por obxectivo reivindicar na rúa que as consecuencias da actual crise económica do capitalismo non as pague a clase traballadora, e para reclamar un cambio de modelo, evidenciado o fracaso do neoliberalismo, en beneficio das/os traballadoras/es.

Manifestacións:

A Mariña: Saída ás 19:30 da Praza Maior de Viveiro

A Coruña: Saída ás 20:00 horas da Praza da Palloza.

Ferrol: Saída ás 19:30 da Avenida de Esteiro, diante do sindicato.

Lugo: Saída ás 20:00 h da Ronda da Muralla, diante do sindicato.

Ourense: Saída, ás 20:00 h do pavillón dos Remedios.

Pontevedra: Saída ás 20:30 h da Praza da ferrería.

Santiago: Saída ás 20:00 h da Praza Roxa.

Vigo: Saída ás 20:00 da Vía Norte.

Máis información AQUÍ.

Chuzame! chúzame -

Vivamos como galegas/os! (II)

outubro 30th, 2008 outubro 30th, 2008
Posted in Copiado e pegado, vídeos
No Comments »

Chuzame! chúzame -

O bilingüismo de FeiJoo.

outubro 29th, 2008 outubro 29th, 2008
Posted in humor
1 Comment »


(Vía)

Chuzame! chúzame -

Recoñecemento facial, parecidos e morph.

outubro 27th, 2008 outubro 27th, 2008
Posted in Caixón de Sastre
1 Comment »

MyHeritage ofrece a posibilidade de fedellar para averiguar con que personaxe famoso se comparte parecido físico, en base a trazos de recoñecemento facial. É a aplicación chorra e básica dunha tecnoloxía que pode ter usos moito máis perniciosos que poñen en cuestión os dereitos civís máis elementais.

Probeino, por recomendación du bo amigo, e o resultado no meu caso, serviume para constatar o que xa sabía: tería que ter nacido muller.

MyHeritage: Árboles familiares - Genealogía - Celebridades

Chuzame! chúzame -

Suárez Picallo

outubro 20th, 2008 outubro 20th, 2008
Posted in historia, memoria histórica, nacionalismo
No Comments »

Ramón Suárez Picallo é unha desas figuras que pese a súa inxente achega política e persoal ao noso país en xeral, e ao nacionalismo galego en particular, acostuman pasar desapercibidas, e son descoñecidas para unha grande parte no só do noso povo senón mesmo da militancia organizada.

Hai 44 anos que faleceu no sanatorio do Centro Galego de Bos Aires, e tivo que ser agora e grazas ao traballo feito por diversos colectivos coa colaboración do Concello de Sada e de Vicepresidencia, cando Suárez Picallo regresou da diáspora para descansar na terra, na patria pola que traballou e loitou arreo.

A perspectiva de clase que definía o seu ideario na liña do pensamento marxista, pouco frecuente nos albores do nacionalismo galego contemporáneo, converten a Suárez Picallo nunha figura de muito interese.

Cada vez teño máis claro que o nacionalismo galego, é dicer, as organizacións nacionalistas, deben/debemos adicar un esforzo preferencial ao coñecemento da nosa historia e á formación ideolóxica/política/histórica da nosa militancia. Para que patriotas como Ramón Súarez Picallo deixen de pasar desapercibidos.

INTERVENCIÓN DE ANXO QUINTANA NA CHEGADA DOS RESTOS DE SUÁREZ PICALLO A SADA

Chuzame! chúzame -

Declaración Universal dos Dereitos Humanos

outubro 20th, 2008 outubro 20th, 2008
Posted in Copiado e pegado
No Comments »

Mentras sigo sen achar tempo para cumprir coa palabra dada na anterior entrada de que actualizarei o blogue, asomome unicamente para pendurar un vídeo onde cunha interesante animación se presenta a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (vía)

Non deixa de ser sorprendente o lonxe que ficamos por desgraza da plena execución dos dereitos nela recollidos.

Chuzame! chúzame -

Prometo actualizar

outubro 11th, 2008 outubro 11th, 2008
Posted in Sobre o blogue
4 Comments »

Estes 8 días de silencio 2.0, teñen sido de moita intensidade. Ese silencio está xustificado polo maremagnum que vivín esta semana e que me deixou sen apenas tempo para asomarme por aquí. Cousas que pasan.

Pero prometo actualizar o blogue en canto teña un respiro. Hai moitas cousas que se me están a quedar no tinteiro... A Asemblea Nacional do BNG, na que participei como un dos delegados da comarca de Vigo, os Orzamentos Xerais do Estado, o Debate de Estado da Nación do Parlamento Galego... e unha ristra de cousas sobre as que me gustaría falar/escribir.

Chuzame! chúzame -

Escribir unha novela en 30 días…

outubro 3rd, 2008 outubro 3rd, 2008
Posted in Caixón de Sastre, Literatura
1 Comment »

Ese é o meu reto para o vindeiro mes de novembro. Si, tal e como o ledes.

Acabo de inscribirme como participante do NaNoWriMo, ou o que ven sendo o Mes Nacional de Escritura de Novela, un acontecemento internacional que no 2006 reuniu a máis de 79.000 participantes de todo o mundo.

O obxectivo do NanoWriMo é claro á vez que algo complexo: escribir unha novela de 50.000 palabras dende o 1 até o 30 de novembro. O tema non importa, o idioma tampouco.

Porque me apunto a este reto a sabendas de que o máis probábel é que non sexa quen de adicarlle o tempo suficiente como para superalo con éxito? Supoño que o meu amigo Excalibor é basicamente o responsábel desta tolemia. Pero a pregunta axeitada sería: porque non?

Gústame a idea de que o ritmo tan precipitado que forza a escasa marxe temporal provoque que o proceso creativo sexa construír sen derribar.

Supoño que o excepticismo xa terá asomado en vós. Por suposto que unha parte substancial das 50.000 palabras que agardo poder escribir serán lixo. Pero os Best-seller superan un complexo proceso de edición e reedición e tampouco fican exentos del. Non sei tampouco que farei co texto resultante de superar o reto...

Non sei sobre que vou escribir, supoño que construirei a novela sobre a marcha.

É curioso porque inda que son articulista dende 2003 nunca me animei nin tan sequera a dar o paso de tentar escribir un relato corto, e agora vou a por unha novela, inda que o resultado sexa un detrito literario.

Auto-superación, un reto compartido nunha comunidade diversa, e o feito de enfrontarme ás miñas propias incapacidades, son os argumentos que remataron por convencerme.

Non é por ser presuntuoso, tan só quero poñerme a proba. É máis do que algúns están dispostos a facer.

Mantereivos informadas/os.

Chuzame! chúzame -

A crise como oportunidade revolucionaria.

outubro 3rd, 2008 outubro 3rd, 2008
Posted in Copiado e pegado, análise, economía, nacionalismo
1 Comment »

Manuel Mera publicou en GZ Nación recentemente un artigo moi recomendábel no que aborda o escenario político que a actual crise económica abre, como fenda do sistema hexemónico.

Concordo coa análise que fai nese texto. A actual crise, ten provocado que as forzas sistémicas incorran en tal grao de contradición que fai que sexa facilmente recoñecíbel a súa verdadeira faciana por parte das clases populares.

O oportunismo do grande capital que agora implora pola intervención pública, é dicir, pola inxección dos cartos públicos para compensar as súas malas contas de resultados produto da súa especulación voraz. A obscenidade da patronal pedindo sen complexos o abaratamento do despido e a relaxación, inda en maior grao, na garantía dos dereitos sociais das/os traballadoras/es. Ou as cortinas de fume dun goberno central que quere aproveitar a actual conxuntura para pechar a billa do financiamento autonómico e así reforzar o seu afán re-centralizador.

Son estes, apenas uns exemplos evidentes desas contradicións que representan en si mesmas unha grande oportunidade para avanzar posicións e gañarmos a batalla das ideas.

Xa tiñamos a razón aquelas/es que sostemos que o actual sistema socio-político-económico mundial, alicerzado no imperialismo capitalista, era inhumano, antisocial e está condenado por xustiza a esmorecer. Porén, hoxe se cadra temos pola conxuntura argumentos máis sólidos, pola proximidade, para defender as nosas posicións.

Non podemos desaproveitar esa oportunidade, e como ben di Mera:

Compre acumular alí onde haxa máis construído a prol da nación e das clases populares, aínda que non nos convenza todo o que se fai, nen como, cando e quen o fai. Por responsabilidade histórica?... tamén, porén esencialmente por efectividade, pra garantir a masa social necesaria pra avanzar nas conquistas democráticas, e non ficar só como reductos ideolóxicos. A teoría política revolucionaria ten sobre todo valor se está presente dalgún xeito na conciencia e na práctica cotiá da xente. Tampouco podemos esquecer que en momentos duros haberá quen se pregue aos obxectivos insolidarios e colonizadores das clases dominantes, por distintos motivos, desde os ideolóxicos ao medo ao enfrontamento, daquela que sexa importante reducir a incidencia destas actitudes, combaténdoas e illándoas con argumentos e intelixencia. Trátase máis unha vez de saber que é o principal e que o secundario, e como tratar as contradicións no seo do povo... encol disto hai abondo escrito, e o nacionalismo galego ten unha longa experiencia.

En resumo, podemos gañar esta batalla, mais nunca, desde a barreira, sen organización, con forzas sectorializadas, ou ollándonos arreo ao embigo.

Chuzame! chúzame -