Compromiso efectivo coas mulleres.
Parte do discurso politicamente correcto da progresía é unha teima estética, no significante, no discursivo, en favor da muller.
Inda que iso se quedase aí, na mera declaración de intencións, xa sería un importante paso en favor da metade da nosa sociedade, xa que cando menos favorece a visibilización das problemáticas de xénero e socializan o valor da igualdade como un elemento indiscutíbel.
Pero gañada a batalla das ideas, dos discursos, precisase de moito máis. É imprescindíbel coñecer a realidade e denunciar as inxustizas, pero só coñecéndoa esta non muda. Son necesarias medidas concretas, accións específicas. Converter as palabras en feitos.
Estes últimos anos a acción de goberno do BNG na Xunta foi quen de facer que as políticas en favor das galegas teñan dado un salto substancial, no cuantitativo pero tamén no cualitativo. Porque o BNG actúa en favor das mulleres, non por pose electoral senón por puro convencemento. O convencemento de que é hora de rachar dunha vez por todas a tiránica desigualdade que impón o patriarcado.
A relación de iniciativas é moi longa, dende o salario da liberdade até as infraestruturas (galescolas, centros de día) que posibilitan algo tan fundamental, pero tan pouco habitual, como que as mulleres teñan tempo de seu para si mesmas.
Pensar nas nosas nais, e nas nosas avoas, pero tamén nas mulleres que sendo menores de 40 anos inda hoxe teñen serios problemas para conquistar un mínimo de conciliación entre a súa cota de vida familiar e a profesional, serve para constarmos os pasos que inda nos faltan por dar.
O que fica claro é o do BNG é un compromiso efectivo coas mulleres.
TEMPOS DE MULLERES
MULLERES QUE FALAN DE QUIN
chúzame -
outubro 1st, 2008 at 9:33 am
“A opresión do home polo home iniciouse coa opresión da muller polo home.” Karl Marx