Presentación do libro sobre “Placeres Castellanos”

Inda que xa mo comentara a protagonista días atrás, hoxe tiven coñecemento oficial, do acto de presentación do libro "Placeres Castellanos", editado por A Nosa Terra, e do que é autora a compañeira Elsa Quintas Alborés.

O acto terá lugar o vindeiro Xoves 18 de setembro, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, Vigo), a partires das 20:30h, e nel ademais de Elsa falará a Secretaria Xeral de Igualdade, da Xunta de Galiza, Carme Adán.

Lamentabelmente por razóns laborais non poderei asistir á presentación. Xa devezo por ter o libro nas miñas mans, certo de que sendo quen é a autora pagará de seguro moito a pena.

Non podo máis que parabenizar a Elsa por esta a súa opera prima e desexarlle un completo éxito editorial.

Chuzame! chúzame -

Leave a Comment

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>