Quin TV »
Xabier Pérez Igrexasset 5, 2008Nacionalismo galegoPor o en | 3 Comentarios
Mañá 6 de setembro parece ser a data na que se lanzará unha nova canle de TV por Internet, impulsada polo BNG, da que se descoñecen inda que tipo de contidos. A promoción mediante banners publicitarios en diversos meios dixitais, suscitou algúns ruxe-ruxe.
A Quin TV xa ten o seu primeiro vídeo, no que anuncia que nela se verán todas as caras de Anxo Quintana.
Non entendo moito cal pode ser o obxectivo desta nova plataforma multimedia, tendo en conta que até a decisión da Asemblea Nacional Extraordinaria do BNG, que se celebrará o vindeiro 5 de outubro, non está eleita/o a candidata/o á Presidencia da Xunta...
Mañá a estrea.





