As mentiras do PP sobre o idioma.
Xabier Pérez Igrexasago 29, 2008Copiado e pegado, Lingua e culturaPor o en
Leo no Avantar as atinadas declaracións do Presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, arredor do cinismo co que o PP minte arredor da situación lingüística na Galiza, e co que o PSOE, a traves da Conselleira de Educación negase a por enriba da mesa os dados reais que rematarían coas lerias e falacias antigalegas do Partido Popular. Pego aquí algúns fragmentos.
Dende A Mesa acusan ao PP de mentir coa intención de apartar o galego da vida pública.
Segundo unha enquisa encargada pola asociación que preside (A Mesa) , o 65 por cento dos centros de infantil das cidades incumpren o decreto 124/2007, que entrou en vigor o ano pasado. Non existen datos oficiais sobre o cumprimento desta lei, xa que a Consellaría de Educación, que se comprometeu a facilitalos antes do remate do curso pasado, non os fixo públicos.
Non é moito mellor o panórama no relativo ás ensinanzas meias. E para iso tan só é preciso pisar unha aula de calquer centro de secundaria do país, e constatar o incumprimento do actual decreto, como do anterior 247/95.
En canto ao ensino universitario, e en relación coas declaracións feitas polo filósofo George Steiner nunha recente entrevista, nas que se lamentaba de que o galego fose supostamente obrigatorio nunha universidade galega, Callón apuntou que, lonxe de imporse, e segundo os datos facilitados polas propias entidades, en ningunha das universidades galegas se supera unha quinta parte do ensino en galego. Así, na Universidade da Coruña, tan só o 8,9 por cento das aulas son na lingua do país, na Universidade de Vigo acádase o 16 por cento e só na USC se chega ao 20 por cento. “Hai moitas carreiras en Galiza onde non se escoita unha soa palabra en galego, a pesar de que, como calquera outra lingua, é plenamente apta para ser vehículo de coñecemento universitario”, indicou Callón.
Porén, os meios oficiais e a dereita continuan na súa teima contra o galego, dende a falsedade infame de que o castelán corre perigo en Galiza.
Ao tempo, Bibaheu pegaba en Lareta a ligazón do vídeo en youtube do opening da popular serie Dragon Ball Z en galego, que colgo máis abaixo. Son ese tipo de cousas as que nos fan avanzar no proceso de normalización do noso idioma. Nas/os cativas/os está o futuro. Bendito Xabarín Club.





O titulo debería decir… “As mentiras do PP sobre o idioma… e o pouco que fan as institucións por defendelo” Eso aínda é o máis indignante. Podes ver o video do Touriñés no meu blogue. U novo idioma. Cara aí “avanzamos”… canto traballo aínda queda.
Tino | set 4, 2008 | Responder
Concordo completamente contigo Tino.
Xabier Pérez Igrexas | set 5, 2008 | Responder