xullo 26th, 2008

Xente

xullo 26th, 2008 xullo 26th, 2008
Posted in Galiza, bng, governo galego, nacionalismo
2 Comments »

O de onte foi se cadra un dos mellores 25 de xullo dos que vivín, mesmo a pesar de que co paso do tempo un xa non os vive coa enerxía nerviosa que suscitan as primeiras veces que un pisa a praza da Quintana para celebrar, reivindicando, o Día da Patria.

Independentemente da cifra, 25.000 persoas segundo a organización, o que era evidente onte en Compostela é que había xente, moita xente, o que é para min un claro síntoma de que o BNG está a conquistar moito máis espazo entre a cidadanía.

Por moito que lles tronque as teorías aos gurús da teledemocracia, a xente seguimos a precisar deste tipo de eventos. Precisamos compartir ese sentimento de comunidade, de coincidencia, con máis xente. Esa é a maxia dos mitíns. Non se trata só de facer acopio de folgos e ganas trala arela do lider, tratase basicamente de desfrutar desa sensación que mestura o pracer e a tensión da que gozamos cando temos a oportunidade de expresar colectivamente algo.

Enerxía renovada, argumentos acentuados, pero sobre todo ganas de comerse o país convencendo a máis persoas, unha a unha, para que se sumen ao proxecto de cambios que representa o nacionalismo no noso país. Ese foi o resultado que tirei de acudir onte á Manifestación do Día da Patria.

Quintana estivo ben. Mesmo houbo intres brillantes. En síntese fixo unha contundente declaración de principios que se pode resumir no que segue:

  1. Somos máis nación, porque conseguimos que Galiza pese máis no estado.
  2. Galiza non lle volverá sair barata nunca máis ao governo central. Non pagaremos o pato dunha crise que non é responsabilidade nosa.
  3. O neoliberalismo fracasou, como era previsíbel, e fronte a el cobra máis vixencia que nunca o modelo alternativo que defende o BNG, situando ás persoas no centro da política.
  4. Mentras o BNG governe non se vai gastar nen un só peso público para solventar os malos resultados dalgunhas empresas. Gastaranse para garantir o acceso á vivenda.
  5. O horizonte final que pretende conquistar o BNG é o de acadar a "liberdade soberana" de Galiza. Soberanía Nacional.
  6. O proceso de cambios que se iniciou necesita que o BNG encabece o vindeiro governo para consolidalo e aprofundar nel.
  7. Todo o que se fixo en favor das maiorías sociais, clases populares. dende as áreas de goveno do BNG foi posíbel grazas ao autogoverno, ergo, máis autogoverno posibilitará máis benestar.

Pero a idea máis importante que transmitiu con contundencia o portavoz nacional do BNG, foi a de que o BNG non naceu para ser bisagra subsidiada a outro. O BNG aspirar a liderar o país. Que vaian tomando nota.

Onte a ateigada praza da Quintana recibiu a Quintana con berros de ¡Presidente! ¡Presidente!, pero estou certo de que volveremos a berralo o verán próximo. Xusto despois dos resultados das eleccións, cando o BNG esté en posición de acadar o logro histórico de ter un presidente nacionalista no governo do país. Que así sexa.

Xente

(Berrogüetto )

[Descargas] Intervención íntegra do portavoz nacional do BNG no 25 de xullo.

Chuzame! chúzame -