xullo 13th, 2008

Democracia 2.0

xullo 13th, 2008 xullo 13th, 2008
Posted in Globalización, análise, ciberactivismo, democracia participativa, informática
No Comments »

Máis aló da democracia "formal", non pode existir unha xenuina democracia real sen unha activa participación sociopolítica. Superar o carácter "representativo" a través de canles de participación directa da cidadanía é o grande repto, se cadra un dos pasos chave nun proceso de verdadeiramente revolucionario.

O papel da cidadanía debe afastarse da dimensión reducida de electores para achegarse á semántica orixinal da democracia.

As persoas deben deixar de ser actores pasivos que só interveñen periodicamente en procesos electorais que ás máis das veces pola súa propia configuración normativa non son democráticos (leis electorais que impiden de facto a representación plural das minorías, maquinaria do mass media ao servizo de determinadas opcións, listas pechadas, modelo de circunscricións...), para converterse en actores protagonistas da vida política. Esa é a verdadeira democracia.

As novas tecnoloxías da información teñen grandes potencialidades como canles útis no propósito de reinvertar a democracia en chave participativa. Polas súas características (accesibilidade, ruputra de fronteiras físicas, interconexión...) a denominada web 2.0 con todos os elementos que a compoñen (redes sociais, blogues, espazos de realidade virtual, streaming...) está a converterse na palestra do século XXI.

Así as infotecnoloxías xa están a sustituir aos pasquíns e aos mitíns nas fábricas do século XIX, con campañas de ciberactivismo de masas, ciberconvocatorias (coa súa versión SMS)... con debates no Youtube, achegando un elemento enriquecedor como é o da colectivización da participación política respetando os espazos da iniciativa individual como desencadenante.

Como sostén Eladio Díez, responsábel do Foro de Investigación e Acción Participativa, nunha interesante entrevista publicada hoxe en Vieiros, "o ciberactivismo é a resposta desde a base a este novo mundo".

_Artigos de interese:

_Ligazóns:

_Descargas relacionadas:

Chuzame! chúzame -

Facerlle fronte á manipulación sobre o idioma.

xullo 13th, 2008 xullo 13th, 2008
Posted in artigos e columnas, idioma
4 Comments »

A iniciaciativa da Federación de Asociacións de Escritores Galeusca, que aglutina á Asociació d'Escriptors en Llengua Catalana, a Euskal Idazleen Elkartea e a Asociación de Escritores en Lingua Galega, é moito máis que unha contundente réplica ao artificio indecente do Manifiesto por una lengua común impulsado polos sectores máis rancios do españolismo.

O contra-manifesto que apresentarou de maneira conxunta o mundo das letras  de Euskadi, Catalunya e Galiza, e ao que xa me adherín, podese ler aquí.

É falso que se trate dunha disputa de corte ideolóxico, pese a que é evidente o tufo españolista dos promotores do Manifiesto por una lengua común. É algo máis serio.

O que promoven Savater e Cía., co apoio tácito de grandes meios de comunicación, é xogar ao xogo indecente e inmoral de acusar de vérdugo ás víctimas, de falsear á realidade para intensificar o proceso de  esmague de todo o que non sexa xenuinamente nacional-español.

Afirmar que en Galiza, en Catalunya ou en Euskadi, a lingua que sofre unha situación de evidente inferioridade é o español, é tan obsceno e falaz como dicer que as víctimas da segregación racial son os brancos, ou que a culpa da crise é dos traballadores e non dos especuladores financieiros.

Ninguén no seu sano xuizo e en plenas facultades mentais pode afirmar sen faltar de cheo á verdade, que na Galiza a lingua española teña problemas. Se hai un idioma que sufre as consecuencias dun proceso continuado de imposición doutro, de superposición do alleo fronte ao materno, ese é o galego. E isto, recoñeceo calquera, que teña iso sí cando menos un centímetro de fronte.

Esta pantomima, este novo episodio do mundo ao revés, non é froito da inocente ignorancia. Ogallá.  É un movemento claro por parte do españolismo que abandoando as sutilezas directamente marcouse o propósito de tentar asoballar, inda máis, todo aquelo que cheire a diferente, que non poida ser controlado pola metrópole do imperio, todo o que non entre no seu cutre, pobre e feble estándar de identidade.

Por iso, o que nos xogamos é algo máis que unha polémica. Tratase de non consentir a infamia de ser dobres víctimas: as do asoballamento cultural e as da manipulación falaz da realidade. Por dignidade.

"As grandes masas sucumbirán máis facilmente a unha gran mentira que a unha pequena" Adolf Hitler.

===

Artigo publicado en Xornal, Mundo Galiza e GZ Nación o 14-07-08, e no nº 465 de A Peneira.

Chuzame! chúzame -