Galescolas, obscenidade e regreso ao sentido común.

Que a polémica suscitada en relación aos convenios de adhesión de varios concellos ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar impulsado por Vicepresidencia, co gallo de instalar Galescolas, a cargo de fondos da Xunta, en sendos municipios, e na que se chegou a afirmar que esa adhesión era o resultado de presuntas presións, era un infame artificio partidista do Partido Popular, que mesmo empregou a algúns dos seus Alcaldes para que estos, traizoando os intereses da súa veciñanza, servisen de ariete contra Quintana, era algo practicamente evidente pola obscenidade do espectáculo.

Así de moderno é o PP de Núñez Feijoo, que continúa a empregar as vellas artes da antipolítica para o seu xogo na loita interpartidaria, na que obviamente pouco ou nada importan os intereses das persoas.

Tralas declaracións do Partido Popular, Anxo Quintana reaccionou rapidamente, enviando unha carta aos alcaldes que fixeron de comparsa de Alfonso Rueda, na que invalidaba a súa incorporación ao Consorcio.

Finalmente, o certo é que nalgúns casos a condición de afiliado, e tampouco a de edil, do PP é contradictoria con certas doses de sentido común. Só así se entenden as declaracións do Alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Manuel Candal (PP), que abandoando a estratexia marcada por Rueda de acoso e derribo de Quintana, desculpase agradece o traballo do Vicepresidente a quen louba até o extremo de afirmar que é "a única persoa que pode presidir os destinos de Galiza".

Se cadra manter posicións que a priori se saben contrarias aos intereses das/os veciñas/os que un representa institucionalmente provoca problemas de conciencia. Porén, o sentidiño agradecese, veña de onde veña. Benvido sexa.

 DECLARACIÓNS DE MANUEL CANDAL (ALCALDE, PP, DE VILAMARTÍN DE VALDEORRAS) A "LA REGIÓN".

Chuzame! chúzame -

7 Responses to 'Galescolas, obscenidade e regreso ao sentido común.'

  1. Marcos Sanluis Says:

    En serio estás de acordo coa rápida reacción de Quintana?

  2. Xabier Pérez Igrexas Says:

    Penso que o Vicepresidente actuou cunha resposta proporcionada e ponderada, perante o desproposito de Alcaldes, que non esquezamos que son tan cargos institucionais como o propio Vicepresidente que obviando as súas responsabilidades como presidentes dos seus respectivos concellos, acusaron de ter asinado o convenio baixo coacción.

    O razóabel en termos de dereito sería invalidar inmediatamente ese contrato asinado en tais condicións. Non cres?

  3. nnxx Says:

    Boas tardes, por si algún lle interesa esta nova e deixando as cores políticas a un lado desexase unir, aqui vos deixo unha iniciativa:

    http://ppdepontedeume2007.blogspot.com/2008/05/17-maio-da-das-letras-galegas-e.html

  4. Marcos Sanluis Says:

    Non, non creo. O vicepresidente podía ofrecerlles a eses alcaldes a anulación dos convenios e volver á situación anterior, pero nunca suprimilos de xeito unilateral. O servizo ó cidadán debe estar por riba das liortas partidistas. E iso debe aplicárselles ós alcaldes, pero tamén ó vicepresidente. A resposta nin é proporcionada nin ponderada.

  5. Xabier Pérez Igrexas Says:

    Aclaraba hoxe de novo o Vicepresidente que a suspensión, digamos que cautelar, desos convenios ven forzada por ter sido asinados presuntamente baixo coacción, tal e como denunciaron falsamente os alcaldes-comparsa. Dende logo eu tería tomado exactamente a mesma medida, nese nível de decisión ou nun nível máis primario. Non se pode consentir que alguén, trala sinatura dun acordo, te acuse de telo presionado e ameazado para asinar, insinuando que ou aceptaban o convenio ou quedaban sen nada… O grave é que na lexitima loita interpartidaria, que forma parte do xogo democrático, para o PP vala todo… mesmo acusacións implicitas de mafioso contra o Vicepresidente da Xunta.

  6. Marcos Sanluis Says:

    Está ben saber que ti terías feito o mesmo. Sen ánimo de continuar esta discusión (polo visto ningún dos dous vai cambiar de idea), si quero engadir algo. O vicepresidente sabía, quero crer, que non houbo coaccións ós alcaldes para que asinasen eses acordos. Se non houbo coaccións, Quintana adopta a decisión en función dunhas declaracións ofensivas, pero que, sabe, non responden á realidade. Suprime as galescolas por unhas declaracións, non por unhas supostas coaccións, porque el sabe que non existiron. Insisto: a resposta proporcionada e poderada tería sido ofrecerlles ós alcaldes a posibilidade de suprimir os convenios.

  7. Regueira Says:

    A Candal tiña,pos que fichalo para o bng. Magoa que non se exprese na sua lingua nai. Encantoume eso da patraña do pp e do psoe. Simple pero certo coma a vida mesma.

Leave a Comment

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>