Cremos no noso país!Soberanía Social, Xustiza Social!

Archive for Maio 12th, 2008

Que a polémica suscitada en relación aos convenios de adhesión de varios concellos ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar impulsado por Vicepresidencia, co gallo de instalar Galescolas, a cargo de fondos da Xunta, en sendos municipios, e na que se chegou a afirmar que esa adhesión era o resultado de presuntas presións, era un infame artificio partidista do Partido Popular, que mesmo empregou a algúns dos seus Alcaldes para que estos, traizoando os intereses da súa veciñanza, servisen de ariete contra Quintana, era algo practicamente evidente pola obscenidade do espectáculo.

Así de moderno é o PP de Núñez Feijoo, que continúa a empregar as vellas artes da antipolítica para o seu xogo na loita interpartidaria, na que obviamente pouco ou nada importan os intereses das persoas.

Tralas declaracións do Partido Popular, Anxo Quintana reaccionou rapidamente, enviando unha carta aos alcaldes que fixeron de comparsa de Alfonso Rueda, na que invalidaba a súa incorporación ao Consorcio.

Finalmente, o certo é que nalgúns casos a condición de afiliado, e tampouco a de edil, do PP é contradictoria con certas doses de sentido común. Só así se entenden as declaracións do Alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Manuel Candal (PP), que abandoando a estratexia marcada por Rueda de acoso e derribo de Quintana, desculpase agradece o traballo do Vicepresidente a quen louba até o extremo de afirmar que é "a única persoa que pode presidir os destinos de Galiza".

Se cadra manter posicións que a priori se saben contrarias aos intereses das/os veciñas/os que un representa institucionalmente provoca problemas de conciencia. Porén, o sentidiño agradecese, veña de onde veña. Benvido sexa.

 DECLARACIÓNS DE MANUEL CANDAL (ALCALDE, PP, DE VILAMARTÍN DE VALDEORRAS) A "LA REGIÓN".

Chuzame! chuzame -
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Moncho Reboiras, Patriota Galego!

Valid CSS!