Cremos no noso país!Soberanía Social, Xustiza Social!

Archive for Maio 5th, 2008

Reproduzo a continuación un excelente artigo da compañeira e amiga Silvia Bermúdez Pérez, que fora concelleira do BNG en Vigo no último tramo da lexislatura 2003-2007, que tivera un papel destacado no movemento estudantil participando dos CAF e que se ten distinguido pola súa intensa e activa laboura no campo sindical no seo da Confederación Internsindical Galega.

Acerta Silvia de cheo no fondo do asunto que denuncia nun texto brillante no estético e formal. Porque a revolución exixe sensibilidade. Convídovos asímesmo a que visitedes o seu blogue Galiza Subversiva.

Iraque: Asasinar a poesía

Silvia Bermúdez Pérez (Tirado de: Avantar, 05-05-08)

Xa non hai noites de amor no Iraque. Os EUA impoñen a golpe de marine a “nova orde mundial” caracterizada polo caos máis absoluto. O seu propósito e significado non ten nada de novo: saquear a riqueza dos pobos usurpándolles a súa soberanía.

“de pensamiento es la guerra que se nos libra; ganémosla a fuerza de pensamiento” (José Martí)

Ante a demagoxia, a mentira e as medias verdades, un pouco de historia.

Miles de anos antes de que a invasión ianqui levara, a golpe de marine, a "Civilización" ao Iraque, nesta terra “bárbara” foron escritas as primeiras páxinas da historia universal (Sumer, Asiria, Babilonia).

No terceiro milenio antes de Cristo os primitivos habitantes do actual Iraque, os sumerios, dan os primeiros pasos nas ciencias, deseñan a primeira concepción da creación do universo, do mundo e da humanidade, e deixan, por vez primeira, testimonio escrito de todo aquilo que observaron no primeiro rexistro gráfico do que se ten constancia histórica.

Na terra da “guerra infinita”, das bombas de racimo, do uranio empobrecido; nace a escrita, a roda, o álxebra, a xeometría, os primeiros calendarios, o mito do Diluvio Universal, as observacións astronómicas, a meteoroloxía (estas dúas últimas da man da adiviñación), a realeza…

En lingua sumeria foi escrito o primeiro poema de amor. Escrito en barro, o poema narra o encontro dunha deusa; Inanna, e un pastor; Dumuzi. Conta o poema que Inanna amou esa noite como se fora mortal e Dumuzi foi inmortal mentres durou esa noite .

Este pobo da antigüidade, ao igual que o do presente sufriu múltiples ataques pola súa posición estratéxica, pola abundancia de auga e por ser un territorio de fácil penetración.

Xa non hai noites de amor no Iraque. Os EUA impoñen a golpe de marine a “nova orde mundial” caracterizada polo caos máis absoluto. O seu propósito e significado non ten nada de novo: saquear a riqueza dos pobos usurpándolles a súa soberanía.

Hoxe as fillas e os fillos de Sumer son asasinados en nome do que eles crearon, a “civilización”. Viven nunha terra roubada polo Imperio. Máis de 1 millón de vítimas e 4 millóns de persoas desprazadas… iso si, pola paz e a liberdade (sen comentarios).

Chuzame! chuzame -

Nos tempos da imposición da estética, do factor formal sobre o fondo.; do continente sobre o contido; das maneiras do discurso fronte a mensaxe que o nuclea... Agradecense actos de disidencia perante esta dictadura da mediocridade, que amparada baixo a beizón do politicamente correcto e do talante impostado, só serve para enlamar os debates necesarios.

Neste panorama onde no canto de posicionamentos amosanse as máis das veces poses, é de aplaudir chamarlle as cousas polo seu nome, e non deixarse levar polo rego malintencionado dos que deturpan a realidade desenfocando os feitos.

Pois iso, nada que engadir ao xenial artigo de Manuel de Castro e que hoxe veu a luz en Xornal:

As trampas no "caso Valadés".

Lectura fundamental, porque o sentido común non é o máis común dos sentidos.

Chuzame! chuzame -
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Moncho Reboiras, Patriota Galego!

Valid CSS!