abril, 2008

Tibet, a causa do Imperio.

abril 15th, 2008 abril 15th, 2008
Posted in Copiado e pegado, Globalización, análise, historia, tibet
2 Comments »

Cando ves a unha "xornalista" participante en realitys como "Supervivientes", cun autocolante de Free Tibet, empregando espazos en prime time televisivo para facer chegar a súa mensaxe de "defensa dun povo oprimido" polos malvados chineses, que ademáis son comunistas, un comeza a intuir, inda que non teña nen idea do problema tibetano, que esa aparente causa de digna xustiza, ten riscos de propagandismo oficial. Cando ademáis se comproba un curioso aliñamento mediático e político cunha onmipresencia no mass media occidental, o intuido empeza a confirmarse.

Se se coñece minimamente a cuestión tibetana, que non é de onte, senón que xurde dende o triunfo da revolución popular chinesa que derogou o réxime feudal que lidera o Dalai Lama, fica claro que a polémica internacional xurdida, con chamamentos ao boicot dos Xogos Olímpicos, é só unha nova campaña de manipulación ao servizo dos intereses xeoestratéxicos dos EUA que saben que só China pode ser a potencia que entre en competencia no século XXI. Nen a defensa dun povo oprimido, nen direitos humanos, nen nada: só unha campaña para debilitar a China promovendo un determinado estado de opinión.

A continuación ofrézovos unha relación de artigos de interese sobre o Tibet e a polémica recente. Textos moi clarificadores, que son máis necesarios que nunca, inda que sexa só para ofrecer un contradiscurso ao discurso oficial sobre o tema:

Chuzame! chúzame -

As cuestións nacionais na Segunda República

abril 14th, 2008 abril 14th, 2008
Posted in Copiado e pegado, estado, historia, república
No Comments »

"Durante o primeiro bienio tan só foi aprobado o Estatuto de Cataluña. Este pasou ás Cortes tras a súa aprobación case por unanimidade polos representantes dos concellos e ser votada afirmativamente polo 99% dos electores no referendo popular. Nas Cortes o Estatuto foi discutido lenta e arduamente, mais trala intentona de golpe de Estado perpetrada polo xeneral José Sanjurjo acelerouse a súa discusión até ser aprobada o 9 de setembro de 1932 por 314 votos en prol e 24 na súa contra. Destaca neste eido o discurso pronunciado polo Presidente do goberno, Manuel Azaña, o 27 de maio de 1932, que axudou a acelerar o debate, e comezaba así:

Y por primera vez en el Parlamento español se plantea en toda su amplitud, en toda su profundidad, el problema de los particularismos locales de España, el problema de las aspiraciones autonomisras regionales españolas, no por incidencia de un debate político, no por choque de un partido con otro partido, no por consecuencia o preparación de un cambio ministerial, como solía suceder, según me han contado, en otros tiempos, sino delante de un proyecto legislativo, delante de un texto parlamentario, que aspira, ni más ni menos, que a resolver el problema político que está ante nosotros. (...) —Manuel Azaña[5].

Pola súa parte no País Vasco e Navarra as forzas políticas tentaban facer un proxecto estatutario. En xuño de 1931 unha asemblea conformada polos concellos vascos e navarros aprobaron un proxecto de estatuto, mais este foi rexeitado polo goberno republicano xa que se achegaba moito ó tradicionalismo. Xa en 1932 Navarra baixouse do proxecto. En 1933 un novo proxecto foi aprobado pola meirande parte dos concellos de Biscaia e Guipúscoa, pero non polos de Álava. Sometido a referendo popular foi votado afirmativamente nas provincias de Biscaia e Guipúscoa, mais en Álava tan só conseguiu o 44% dos votos a favor. Isto non detivo a súa presentación ás Cortes, onde foi paralizada a súa discusión polo goberno radical-cedista.

En Galicia trala chegada da II República diversas institucións loitaron pola consecución da autonomía para Galicia. Mais así e todo moitos dos diversos proxectos elaborados resultaron incompatibles coa Constitución, por consideraren a Galiza como un Estado autónomo dentro da República Federal Española. En 1932, xa estando fundado o Partido Galeguista, por proposición do alcalde de Santiago de Compostela Raimundo López Pol, comeza a elaboración dun estatuto factible para a República. Este foi aprobado nunha asemblea de concellos en decembro de 1932, mais a chegada das dereitas ó goberno paralizou o seu proceso."

(Fonte: extracto do artigo "Segunda República Española" da Galipedia)

GALIZA NA SEGUNDA REPÚBLICA

Chuzame! chúzame -

Un goberno pomposo pero débil.

abril 12th, 2008 abril 12th, 2008
Posted in artigos e columnas, estado
No Comments »

Vieiros.comA apresentación do novo gabinete ministerial de Zapatero encaixa dentro do efectismo mediático que caracteriza ao PSOE dende o efecto ZP. A pompa do cantar de xesta no que se converteu a intervención do recén investido, apenas cos votos das/os deputadas/os do seu partido, presidente do goberno central, da boa conta do empeño propagandístico que puxo para informar dos nomeamentos.

Zapatero insistiu unha e outra vez nos feitos "históricos" que son consecuencia dos seus nomeamentos: primeira muller ministra de defensa, nove ministras fronte oito ministros, a ministra máis nova da historia que será titular da nova carteira de igualdade... Inda así existe un escasísimo refresco, con moi poucos cambios e menos caras novas, co interese se cadra de non dar sensación de emenda.

Hai dúas cuestións que resultan moi preocupantes do novo elenco ministerial. Dunha banda o mantemento dos ministerios de vivenda e cultura, cando ambas áreas son competencias transferidas ás diferentes CCAA, e cando na anterior lexislatura xa quedou demostrada a pouca utilidade política e social da existencia de ambas carteiras, que agora mantéñense coincidindo co afán re-centralizador que non agochou Zapatero na sesión de investidura. Por outra parte o feito de diluír as políticas agrarias e pesqueiras, que para Galiza teñen unha importancia capital e estratéxica, dentro dun ministerio deseñado fundamentalmente para a política medio-ambiental e non produtiva.

No equipo de Jose Luís Rodríguez Zapatero mantéñense tres ministras/os de orixe galega, Cesar Antonio Molina, Elena Salgado e Elena Espinosa, das que haberá que ver se teñen a altura política de exercer tamén de galegas e galegos dende as altas responsabilidades para as que foron designadas, inda que a experiencia da anterior lexislatura non convide ao optimismo nese sentido.

Con todo o que si que non pode agochar o flash mediático de Zapatero é a debilidade do seu goberno, sustentado nunha exigua e mínima maioría, e que precisará do apoio doutras forzas políticas para desenvolver o paquete lexislativo necesario para a execución do seu programa. Esa debilidade do PSOE é unha fortaleza para Galiza, que conta con dous deputados, os do BNG, que serán decisivos. Senón ao tempo.

[INFORMACIÓN COMPLEMENTAR]

Composición do novo goberno español (datos dos membros do executivo)*:

-José Luís Rodríguez Zapatero. Presidente.
-María Teresa Fernández de la Vega. Vicepresidenta primeira.
-Pedro Solbes. Vicepresidente segundo de Economía e Facenda.
-Alfredo Pérez Rubalcaba. Ministro de Interior.
-Carme Chacón. Ministra de Defensa.
-Elena Espinosa. Ministra de Agricultura, Pesca e Medio Ambiente.
-Elena Salgado. Ministra de Administracións Públicas.
-Celestino Corbacho. Ministro de Traballo e Inmigración. (Nova incorporación)
-Bibiana Aído. Ministra de Igualdade. (Nova incorporación)
-Cristina Garmendia. Ministra de Investigación e Desenvolvemento. (Nova incorporación)
-Miguel Sebastián. Ministro de Industria, Turismo e Comercio. (Nova incorporación)
-Mariano Fernández Bermejo. Ministro de Xustiza.
-Bernart Soria. Ministro de Sanidade.
-Miguel Ángel Moratinos. Ministro de Asuntos Exteriores.
-Mercedes Cabrera. Ministra de Educacións, Asuntos Sociais e Familia.
-César Antonio Molina. Ministro de Cultura.
-Magdalena Álvarez. Ministra de Fomento.
-Beatriz Corredor. Ministra de Vivenda. (Nova incorporación)

===

Artigo publicado en Xornal e Mundo Galiza o 13-04-2008.

*Fonte da información complementar: Vieiros

**Fonte da imaxe: Vieiros

Chuzame! chúzame -

Idioma e sentido común

abril 11th, 2008 abril 11th, 2008
Posted in Copiado e pegado, idioma
3 Comments »

Reproduzo a continuación un artigo asinado por Ana Barros Feteira, e que foi publicado en ANT Diario e que reflexa, ao meu ver, unha opinión arredor da polémica do falso bilingüísmo, que non é outra cousa que o monolingüísmo en lingua española, que defende o colectivo denominado "Asociación Galicia Bilingüe" chea de sentido común:

A Gloria Lago, dunha ex-alumna bilingüe

por Ana Barros Feteira (ANT - 11-04-08)

Este artigo escrébeo unha estudante galega, en formación universitaria, instruída na lingua inglesa pola presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago. Nestes últimos tempos vimos como esta asociación foi creada e comezou a espallarse, e intrigada por un lema tan nobre como Galicia Bilingüe, acudimos ás fontes de información oficiais que nos instruíron sobre as bases, principios e obxectivos desta organización capitaneada pola miña ex profesora.

Cal non sería a sorpresa cando descubrín o que en realidade pretende Galicia Bilingüe, entidade de nome cando menos paradoxal:

Dunha banda, esta asociación considera que a presenza do galego nas aulas é excesiva, desproporcionada en relación o castelán e completamente inxustificada, esta primeira aseveración non pode menos que facerme sorrir, posto que no mesmo centro IES Santo Tomás de Freixeiro de Vigo, no que Gloria Lago imparte clases, estudei eu. Alí puden presenciar unha violación do espírito da Lei de Normalización Lingüística, que avoga por un uso xeneralizado do galego no ensino a excepción, claro, de lingua castelá e linguas estranxeiras. Non obstante, e curiosamente, só a clase de galego e a de filosofía, eran instruídas en galego. Todas as demais, dende o latín até as matemáticas eran explicadas en castelán, pese ás numerosas queixas de alumnos e investigacións oficiais adicadas a facer cumprir á lei.

“Lo que Galicia Bilingüe propone no supone la separación por centros de los alumnos en función de la lengua docente elegida, sino por aulas, ya que ello tiene dos ventajas. En primer lugar favorece la tolerancia, la integración social y la intercomunicación entre los alumnos, al margen de la lengua que prefieran utilizar”. Este anaco sacado da súa páxina oficial non pode menos que deixarnos abraiados, alguén que cree nunha evolución necesaria para a nosa terra proponnos voltar os anos escuros, separar a mozos e mozas segundo a lingua que falen, con que obxectivo? Integralos, claro, non obstante esta integración aseméllanos un tanto difícil se parte da base do segregacionismo. Xuntar os nenos segundo a lingua que falen non pode senón provocar a longo prazo o rexeitamento daquel que non fala coma ti, que non pensa coma ti. A lingua é un gran catalizador da unión e o mesmo tempo unha sólida barreira, non podemos fomentar unha tendencia natural a aproximarnos a aquel que se nos asemella e afastarnos daquel que non se nos parece. Non nun país bilingüe.

As consecuencias da segregación lingüística observámolas de maneira paradigmática en Bélxica. Neste país, a incomprensión entre membros dun mesmo pobo é a resulta dunha política centrada no monolingüismo. Flamencos e valóns foron educados cada un nunha soa das linguas do seu territorio. O resultado foi que nun país bilingüe cada comunidade era perfectamente allea á lingua da súa veciña. Se trasladamos este exemplo a Galicia, se os mozos escollen cada un unha lingua na que ser educados, imaxinamos fácilmente a resulta indesexábel e catastrófica á que os estaríamos condenando.

Para rematar quero indicar o porqué é a escola o lugar escollido para fomentar o galego. O castelán, como lingua ten un porvir asegurado en Galicia, ningún neno galego queda alleo á “lingua do imperio”, a televisión que ve, a radio que escoita, a maioría das súas actividades desenvólvense en castelán, sería imposíbel privalo deste capital que lle é propio, a intención xeral, e só que teña a contrapartida, de coñecer unha lingua quizais máis antiga e fermosa co obxectivo de que domine igualmente as verbas utilizadas secularmente en Galicia. O galego debe ser ensinado na escola, sen moderación e sen fronteiras. O galego tamén é unha lingua axeitada para as ciencias, a plástica ou a ximnasia. Os pais na casa, evidentemente, son libres de falar unha lingua ou outra, de aprenderlles ou non os seus fillos o segredo do pluralismo, abofé que os amiguiños falarán entre eles na lingua que lles apeteza, pero a escola debe manterse como o último bastión da cultura, onde afondar no coñecemento dunha lingua menosprezada secularmente e que comeza a retomar unha imaxe “normal”. Pero non hai que tomalo dende a perspectiva da revancha histórica, senón dende á da naturalidade de relacionarnos tanto na rúa como na escola nunha lingua que nos pertence e á que pertencemos.

Aceptamos que a discriminación positiva é, sen dúbida, un concepto a manexar con coidado, pero se o aceptamos para facilitarlle o acceso ao traballo ás mulleres ou os diminuídos, se o utilizamos para favorecer a aqueles que teñen mais dificultades á hora de adaptarse o sistema, porque unha lingua eivada non pode gozar de tal privilexio?

Negarlle esta oportunidade de riqueza a un neno, facéndoo escoller, non é promover o bilingüismo querida profesora, iso é quitarlles un dereito adquirido, con moitas dificultades polas xeracións que os precederon, e non creo que ninguén se considere coa autoridade moral de facer semellante cousa. Se temos a sorte de ter dúas linguas, dúas culturas, dous patrimonios, porque debemos renunciar a un deles? Porque escoller?

Chuzame! chúzame -

Intervención de Francisco Jorquera na sesión de investidura.

abril 10th, 2008 abril 10th, 2008
Posted in estado
No Comments »

Colgo, por cortesía de Tele BNG, o vídeo da brillante intervención de Francisco Jorquera, portavoz parlamentar do BNG, na sesión de investidura no Congreso dos Deputados , e tamén a súa réplica á resposta de Zapatero.

INTERVENCIÓN INICIAL

RÉPLICA A ZAPATERO

Chuzame! chúzame -

5 anos de indignidade: Xustiza xa! (actualizado)

abril 9th, 2008 abril 9th, 2008
Posted in non á guerra
1 Comment »

Recoméndovos a lectura do artigo de Javier Couso, irmán do xornalista asasinado polas tropas de invasión dos EUA, que veu a luz no diario Público, e que foi reseñado tamén en Rebelión: "Volver a José" (En español).

Chuzame! chúzame -

Discurso baleiro, investidura previsíbel.

abril 8th, 2008 abril 8th, 2008
Posted in artigos e columnas, estado
No Comments »

A apertura da sesión de investidura que elixirá ao presidente do goberno central arrancou coa intervención do candidato socialista, Jose Luís Rodríguez Zapatero. O formato da sesión, fai que de entrada esta intervención que abre o debate sexa habitualmente pouco substancial e máis ben difusa.

Zapatero engadiu da súa colleita a eses parámetros previos a súa permanente indefinición nun discurso que pretendendo abranguer unha grande cantidade de asuntos non pasou da pincelada dialéctica, ou no mellor dos casos dunha declaración de intencións en ton de bríndis ao sol. Nin o seu ton e dicción mitineiras e pouco naturais, foron quen de engadir inda que fose a golpe de declamación algún tipo de brillo, por moito que a bancada socialista se empeñara en romper en aplausos cada poucas frases.

O discurso do candidato Zapatero en termos estéticos non emocionou a ninguén, nin tan se-quer achegou a mínima dose de profundidade no senso dialéctico. Era apenas unha mestura de slogans, titulares e claims, ou frases soporte. Un artificio máis, inda que algo pobre, de mercadotecnia política. Como parlamentario nunca se luciu o presidente en funcións, nin nos seus tempos de deputado raso. Semella que o hemiciclo non lle resulta un cenario cómodo e da a impresión de estar a desgusto, con falta de axilidade verbal e mental.

No político a intervención resultou nunha especie de crónica dunha investidura previsíbel unha vez o PSOE desprezou, estreando o seu novo talante, o apoio das forzas nacionalistas, renunciando á eleción nunha única votación. Porén, hai algúns elementos positivos no dito por Zapatero, destacadamente no referido ás políticas sociais, co anuncio de continuar a amplialas e estendelas, cunha aposta por adicar máis esforzos aos segmentos sociais máis desfavorecidos e desprotexidos e coa pretensión de continuar a xerar máis e mellor emprego.

Inda así, eses elementos positivos que poderíamos definir como o bloque social do discurso de Zapatero, veuse deslucido polas dúbidas que suscita que estas iniciativas poidan sustentarse coa política económica que enunciou o candidato socialista, que se pode resumir no paradoxo incompatíbel do máis por menos: máis política social e menos impostos. Difícil de crer.

Ademais houbo outros aspectos negativos entre os que cabe destacar o afán centralista que se cristaliza na pretensión de reservar para o estado o 50% do gasto público, o que ademais dunha medida regresiva carece de toda lóxica tendo en conta o mapa de competencias transferidas. O natural será dotar de recursos ás administracións, neste caso as diferentes comunidades autónomas, para que estas poidan facer fronte aos gastos que conleva a xestión das cuestións transferidas (ensino, saúde, xustiza...), non reter en mans do goberno central eses recursos.

A decepcionante renuncia a reformar a lei do aborto e á despenalización da eutanasia, a non mención ás reformas do Senado ou do Tribunal Constitucional ou as escasas referenzas ás infraestruturas, son algúns exemplo máis dun discurso con escasísimo impulso reformador e con pouco fondo.

Por último, a sutil chiscadela lanzada ás forzas nacionalistas afirmando que quere contar con elas nos pactos de estado, inicialmente ofrecidos ao PP e de maneira directa a Mariano Rajoy, debería ser unha obviedade, ou ¿acaso pode existir un pacto de estado sen contar con forzas que, como o BNG, serán imprescindíbeis na gobernabilidade do Estado e coas que o PSOE se vai ver obrigado a contar para sacar adiante o seu paquete lexislativo? A non ser que agora o aliado preferencial de Zapatero sexa o Partido Popular.

===

Artigo publicado en Xornal.com , en Mundo Galiza o 09-04-08 , en Rebelión o 11-04-08 e en InfoRosal o 12-04-08.

Chuzame! chúzame -

Colantes do GZ e excesos policiais

abril 5th, 2008 abril 5th, 2008
Posted in Galiza, artigos e columnas, direitos civís
No Comments »

O Movemento polos Direitos Civís, sacaba á luz pública o feito de que a Garda Civil elaborou un informe que era distribuído en charlas de información interna, no que se describía aos autocolantes do GZ, nas súas diferentes variantes, como un elemento identificativo de persoas relacionadas co MLNG, movemento de liberación nacional galega. Nese material tamén se incluía un completo organigrama onde se sinalaban os colectivos que sendo suposta parte do presunto MLNG actúan nos diferentes eidos: ambiental, feminismo, estudantil, político...

Esa identificación servía para engadir observacións "de interese policial" nunha base de datos paralela na que constan nomes e fotografías, segundo informa o MPDC.

É maiúsculo o atropleo que supón para os direitos fundamentais das persoas este tipo de feitos. Mais existe un detalle non menor que se cadra agrava o feito, e que se refire aos colectivos sociais que relaciona co "segundo maior problema de terrorismo do España". As citadas entidades están constituídas de pleno direito e conforme ao marco xurídico que regula o direito a asociación, polo que incorporalas nunha especie de lista negra, sustentada nunha acusación implícita que viola calquer presunción, é unha violación dos direitos das persoas que as integran, pero tamén dos propios colectivos como personalidades xurídicas legalmente recoñecidas.

Non deixa de resultar patético que a Garda Civil empregue como un indicador o feito de que un vehículo leve un colante co GZ, o que evidencia o alto grao de rigor do instituto armado.

Inda así sería mellor que as forzas de seguridade do estado destinasen os seus esforzos a garantir a seguranza pública, no canto de exercer labores propias da policía política, que non teñen lugar no estado de direito que proclama a Constitución que xuran, e que moitos defenden como dogma de fé.

Non se trata dunha anécdota sobre un colante, trátase de defender as nosas liberdades e direitos civís fronte este tipo de excesos antidemocráticos.

===

Artigo publicado en Xornal.com o 6-04-08

Chuzame! chúzame -

Inda máis cambios no blog

abril 5th, 2008 abril 5th, 2008
Posted in Sobre o blogue
3 Comments »

Outra volta de torca no proceso de renovación do blog. Tralo cambio na súa apariencia e estructura, viñeron máis cambios.

O principal ten que ver co acceso ao propio blog, que agora podedes visitar tamén a través do dominio www.contradiscurso.net

Por outra banda fixen unha actualización a fondo no apartado de ligazóns.

Unha das incorporacións máis solicitadas, sobre todo, por parte das/os visitantes non galegas/os, era a posibilidade de acceder aos contidos do blog en español, función que xa está operativa. Para ver o blog en lingua española, tan só hai que premer no ítem (En español) do menú superior. A traducción está automatizada baixo OpenTrad.

Incluín, tamén no menú superior, unha sección de Contacto, na que vos facilito o meu enderezo electrónico.

Convídovos a comentar os cambios: Vós diredes!

Chuzame! chúzame -

Cambio de talante.

abril 4th, 2008 abril 4th, 2008
Posted in artigos e columnas, estado
No Comments »

O resultado do 9M tiña varios elementos que sustentaban a lectura positiva que fixo o Bloque Nacionalista Galego dos mesmos: Primeiro o PP retrocedía en apoios en Galiza e Rajoy perdeu na carreira á Moncloa. Segundo o PSOE non conquería unha maioría absoluta que instalaría inda máis o bipartidismo atroz, e tan pouco democrático, que caracterizou a longuísima campaña electoral, facendo que Zapatero teña que contar co apoio doutras forzas políticas para sacar adiante o seu programa lexislativo para os vindeiros catro anos. En terceiro e último lugar está o feito de que o BNG fose a única forza nacionalista que aguantando o vendabal bipartidista mantivese a súa representación no Congreso on Olaia Fernández Davila e Francisco Jorquera como deputadas/os electas/os.

Abríase nesa noite electoral un cenario de oportunidades no que o BNG estaba chamado a ter un papel relevante e decisivo en Madrid, sobre todo de cara a investidura de Jose Luis Rodríguez Zapatero. O estilo da última parte da lexislatura anterior, na que o PSOE viuse avocado a contar co apoio crucial do BNG, reforzaba esa idea.

Porén, o talante ten mudado, pegando unha viraxe que fai pensar que como sinalaba recentemente Anxo Quintana inda que o PP perdeu as elección semella que o seu talante, o seu estilo, impuxose o 9-M.

Só así pode entenderse ese afán por apresentarse agora o PSOE como unha forza libre e independente, a pesar da súa exigua maioría que non lle pode garantir nada máis que a eleción do Presidente da Camara e do Xefe de Governo, eso sí en segunda volta. ¿Que explica esa manobra, ese cambio de estratexia? Eva Lema sinala con acerto, nunha entrada no seu blog neste mesmo meio, algunhas das chaves que poden axudarnos a atopar unha resposta. É evidente, como sostén Lema, que esta viraxe é un verdadeiro chiscar de ollos ao electorado da dereita, como xeito de introducirse nunha competencia pola base electoral do Partido Popular. En Ferraz se cadra pensan que só así poderán optar a unha maioría absoluta que visto o seu novo estilo cunha minima maioría suficiente produce pavor democrático.

Por outra bande o PNV pasa de ser un actor político chave na solución do cenario vasco a ser un grupo prescindíbel para Zapatero, ao que o Presidente somete a unha chantaxe en relación á expulsión dos cargos electos de ANV das institucións vascas. Obviamente tratase de abrir camiño a un PSE que comeza a crerse con posibiliddes de governar Euskadi.

En Cataluña o PSOE renega do apoio de ERC polo que entenden por falta de fidelidade. En troques con CIU a excusa son os problemas internos da coalición, cando é evidente que o problema é a contradicción que lle suporía ao PSC que a súa organización matriz, o PSOE, pactase en Madrid coa súa oposición en Cataluña.

A grande incógnita pasa por saber cal será o comportamento do PP. Se o seu ofrecemento de pactos de estado é sinceiro, non nos debería extrañar que os de Rajoy lle fagan de balón de oxíxeno aos de Zapatero para evitar que este precise o apoio das forzas nacionalistas. Se pola contra é só un farol, ou un brindis ao sol, a lexislatura será entretida.

Non sei como andan de matemáticas no Grupo Parlamentar do PSOE no Congreso, pero hai algo que non mudou dende o 9-M: os seus deputados non son suficientes para garantir a aprobación do paquete lexisltivo necesario para o desenvolvemento da acción de governo. Aí é onde o BNG, cun xustificado malestar, terá que agardalos, porque pasado o repentino ataque de unilateralismo o PSOE precisará dos seus votos, e Galiza será decisiva.

===

Artigo publicado en GZ Nación o 09-04-08

Chuzame! chúzame -