Faille un click ao galego!

Agora xa podes GALEGUIZAR A TÚA COMPUTADORA!

Durante un mes, dende o 9 de abril até o 9 de maio, poderedes descargar as librarías da lingua galega para que os sistemas operativos Windows XP e Vista, así como as suites ofimáticas Office 2003 e 2007, estean completamente en galego. Podes descargar de balde os paquetes de linguaxe dende aquí.

Porén, como ben se indica en Cousas do Iago : "Cómpre recordar, que esta iniciativa non é tan pioneira como asemella. Dende Mancomún lévase traballado moito pola adecuación do software libre (sen licenzas de propiedade) ao galego. Así, pódense descarregar as opcións de galego para o OpenOffice, para o navegador Mozilla Firefox e para moitos outros programas, que ademais de ser de balde, son bos e en galego."

Chuzame! chúzame -

One Response to 'Faille un click ao galego!'

  1. xaquin Says:

    Pra te descargar o “pack” de galego tes que pasar o windows genuine advance, ou como se chame, e instalar un control “activex” que, ainda que microsoft di que non, recopilará informacion do teu computador pra saber eles por onde te moves na rede, que programas tes instalados…etc, eu ainda que teño copia legal de windows, xa que viña instalado no computador, e moi a meu pesar, seguirei “falando en castelan” porque non me da a gaña de que estos me controlen, por eso xa me desconetei das actualizacions, que non fan mais que dar problemas. Acabarei en linux.
    Saudos

Leave a Comment

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>