Documental: Linguas cruzadas (TVG -2007)
abril 17th, 2008 abril 17th, 2008 Posted in idioma1 Comment »
O mellor antídoto contra o veleno das enquisas trucadas, e da demoscopia falseada, é a realidade falada polos seus protagonistas. Neste boísimo traballo documental da TVG son as propias mozas e os propios mozos as/os protagonistas, falando da cuestión idiomática en primeira persoa, sen complexos e sen prexuízos, independentemente de que sexa neofalantes en galego, monolingües en galego ou en español, ou "bilingües".
De entrada pódense tirar dúas conclusións do vídeo: o español non ten ningún problema na Galiza; existe un importante potencial de galego falantes entre a mocidade, que só hai que estimular. O galego ten futuro.
Grazas novamente a Masoucos por facerme chegar a través dun comentario este vídeo.
chúzame - 





















