Sons para o Contradiscurso (I)
abril 16th, 2008 abril 16th, 2008 Posted in Sons para o ContradiscursoNo Comments »
Levo tempo co antollo de introducir algo de música pese a rachar lixeiramente o corsé de "palestra política" que lle puxen ao blog... Así que decidín crear a categoría "Sons para o Contradiscurso" na que irei colgando vídeos musicais. O título da categoría pode levar ao equívoco de pensar que vou ir incorporando temas "ortodoxos" da música combativa, con letras ultracomprometidas... diso tamén haberá, pero o meu propósito e ir achegando pinceladas do mosaico de gustos, tendencias, estilos, orixes e discursos que compoñen o meu gosto musical.
A necesidade de música, si necesidade, é o mellor regalo do meu irmán maior. Sempre ando coa música a voltas, experimentando, curioseando para coñecer novos sons, novos intérpretes, novos estilos. Porque se para conformarnos un contradiscurso é preciso ter os ollos ben abertos, resulta fundamental ter tamén os oídos en completa apertura. Nesto tamén peco de heterodoxia.
PRIMEIRA ENTREGA
Nesta primeira entrega deixovos un vídeo da polifacética Myleene Klass (inglesa, nada en 1978, pianista clásica, modelo, apresentadora de TV e radio e compoñente do grupo de pop inglés Hear'Say) interpretando en directo o tema "Chi Mai" (coñecido por ser a BSO da serie televisiva da BBC ‘The Life and Times of Lloyd George’ ).
chúzame - 





















