Tibet, a causa do Imperio.
Cando ves a unha "xornalista" participante en realitys como "Supervivientes", cun autocolante de Free Tibet, empregando espazos en prime time televisivo para facer chegar a súa mensaxe de "defensa dun povo oprimido" polos malvados chineses, que ademáis son comunistas, un comeza a intuir, inda que non teña nen idea do problema tibetano, que esa aparente causa de digna xustiza, ten riscos de propagandismo oficial. Cando ademáis se comproba un curioso aliñamento mediático e político cunha onmipresencia no mass media occidental, o intuido empeza a confirmarse.
Se se coñece minimamente a cuestión tibetana, que non é de onte, senón que xurde dende o triunfo da revolución popular chinesa que derogou o réxime feudal que lidera o Dalai Lama, fica claro que a polémica internacional xurdida, con chamamentos ao boicot dos Xogos Olímpicos, é só unha nova campaña de manipulación ao servizo dos intereses xeoestratéxicos dos EUA que saben que só China pode ser a potencia que entre en competencia no século XXI. Nen a defensa dun povo oprimido, nen direitos humanos, nen nada: só unha campaña para debilitar a China promovendo un determinado estado de opinión.
A continuación ofrézovos unha relación de artigos de interese sobre o Tibet e a polémica recente. Textos moi clarificadores, que son máis necesarios que nunca, inda que sexa só para ofrecer un contradiscurso ao discurso oficial sobre o tema:
-
Provocación no Tibet - Higinio Polo (Fonte: Rebelión) [En español]
-
Cinco preguntas sobre o levantamento do Tibet - Michael Collon (Fonte: Rebelión) [En español]
-
Exemplos de manipulación informativa no Tibet - Carlos Martínez (Fonte: Rebelión) [En español]
-
A CIA patrocinadora do Dalai Lama - Jean-Paul Desimpelaere (Fonte: Rebelión) [En español]
-
¿Que ocorreu realmente en Lhassa? Xornalistas e turistas contan outra versión - Peter Franssen (Fonte: Rebelión) [En español]
-
Tibet, Dalai Lama, Hollywood... - Jon Odriozola (Fonte: Rebelión) [En español]
chúzame -
abril 16th, 2008 at 10:27 am
Un contradiscurso ao discurso oficial… será máis ben eso, porque tamén hai outras fontes… http://www.amnesty.org/es que tamén teñen o seu recoñecmento, e non din precisamente eso.
Creo que é un tema complicado, pero ‘algo’ hai, seguramente non é coma nos queren facer ver, pero algo hai…
abril 16th, 2008 at 10:43 am
Unha cousa é non negar a evidencia de que existe un problema no Tibet, e que a situación non se pode de definir normal, e outra denunciar ao tempo, que a pantomima internacional montada en defensa dos monxes, que non dos e das tibetanos/as, ten acenos claros de estratexia interesada contra China.